Da palabra á arte: Verín acolle a “Semana das Letras Galegas” cunha ampla variedade de iniciativas culturais |
|
|
|
Xoves, 02 Maio 2024 13:26 |
O Concello de Verín vén de presentar a programación oficial da “Semana das Letras Galegas”, que se celebrará do 10 ao 19 de maio. A concelleira de Cultura, Turismo, Festexos e Conservatorio, Samanta Barreira, anunciou unha serie de eventos e actividades pensados para todas as idades e especialmente deseñados para promover e celebrar a lingua e literatura galegas. |
Ler máis...
|
"Saúde mental en perspectiva: A Exposición “Os ollos da mente” acompañará ao espectáculo “Neura" |
|
|
|
Luns, 29 Abril 2024 10:37 |
Mañá martes 30 de Abril, e como complemento ao espectáculo de “Neura”, terá lugar no Auditorio Municipal a exposición "Os ollos da mente". A mostra consta dunha serie de máis de oito pezas escultóricas da artista ourensá afincada en Suíza, MJ Domínguez, que teñen como fío condutor a saúde mental. |
Ler máis...
|
Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín |
|
|
|
Sábado, 27 Abril 2024 09:53 |
O mércores 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maio, cun total de 10 esculturas efémeras. Este ano, a Praza García Barbón acollerá tamén unha nova edición da Feira Solidaria que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. |
Ler máis...
|
Abertas as bases de inscrición para os Maios 2024 |
|
|
|
Martes, 23 Abril 2024 14:34 |
Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza o día 1 de maio unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos. Este ano, o recadado coas coplas solidarias destinarase as necesidades da infancia na franxa de Gaza. |
Ler máis...
|
Verín acolle a Copa de España DHI Pozo do Demo 2024 |
|
|
|
Luns, 22 Abril 2024 18:34 |
. O Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organiza, co patrocinio do Concello de Verín, a segunda edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá. Máis de 200 riders daranse cita os días 27 e 28 de abril no monte Montemaior en Cabreiroá, poñendo a proba as súas habilidades e servindo de escaparate para o que por moitos xa é considerado un dos mellores circuitos de España. Devandito evento conta tamén co apoio da Real Federación Española de Ciclismo, Federación Galega de Ciclismo e Xunta de Galicia. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 26 de 994 |