Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

"A sal da vida", contacontos e manualidades. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Marzo 2017 12:15

O vindeiro venres 24 de marzo, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: "A sal da vida", no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan a Verín co novo 4G PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Marzo 2017 00:00

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, comezarán a ofrecer en Verín a partir do  servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos verineses para gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Chega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Ler máis...
 
O Goberno municipal de Verín defende a sanidade como un dereito fundamental de todas as veciñas e veciños PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Marzo 2017 14:14

O Goberno municipal de Verín ven de expresar o seu apoio á manifestación en defensa da sanidade pública, convocada mañá a partir das 18:30 dende a praza do Concello. O tenente de alcalde e portavoz do goberno, Diego Lourenzo, expresou en nome do Goberno municipal “o total respaldo á denuncia das políticas de recorte da Xunta nesta materia”, e o seu compromiso  co mantemento e mellora de todos os apartados asistenciais na comarca.

Ler máis...
 
O “Primeiro Torneo Enduro Moto de Campo Eurocidade Chaves Verín” contará con máis de 300 participantes PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Marzo 2017 14:42

A Eurocidade Chaves-Verín, xunto os equipos Melicias Team (Portugal) e o ACARD Moto de Campo (Galicia) organizan conxuntamente o primeiro torneo Enduro Eurocidade Chaves-Verín, que terá lugar o domingo 19 de marzo. Así foi acordado mediante convenio de colaboración transfronteirizo asinado hoxe entre as tres partes implicadas na sede da Eurocidade Chaves-Verín.

Ler máis...
 
A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Alfonso Graña, Rei da Amazonía” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Marzo 2017 14:22

Entre o 27 e o 31 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín  organiza un  ciclo de actividades  adicado a Alfonso Graña, emigrante e explorador galego,  proclamado "Rei dos Xíbaros", co nome de "Alfonso I da Amazonía".

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 361 362 363 364 365 366 367 368 369 370 Seguinte > Final >>

Páxina 364 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>