Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A feira de mostras "Agro+ Verín" abre as súas portas no Pavillón Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 01 Abril 2017 20:29

Este ano a coñecida Feira do #Lázaro de Verín leva por nome “AGRO+ VERÍN”. Agricultura e tecnoloxía van da man neste novo proxecto que abriu hoxe as portas no Pavillón Municipal de Verín. Con este novo modelo de feira o Concello de Verín pretende resaltar o papel do #rural, tanto na comarca como nos arredores.

Ler máis...
 
Inauguración da Feira do Libro do Lázaro 2017 PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 01 Abril 2017 11:45

Onte, ás 19:30 horas, a praza da Mercé acolleu a inauguración da primeira Feira do Libro do Lázaro, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e o Concello de Verín, en colaboración coa Consellería de Cultura. O pregón de Xosé Carlos Caneiro, abriu a feira.

Ler máis...
 
BANDO - II CARREIRA POPULAR DO LÁZARO II PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Marzo 2017 10:34

GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:

Que o domingo 2 de abril, con motivo da celebración da “II Carreira Popular” enmarcada dentro das actividades da festividade de San Lázaro, solicítase a colaboración das e dos residentes do Casco Vello para que restrinxan o uso de vehículos en horario de 09:30 a 13:30 horas co fin de garantir a seguridade das e dos participantes.

Ler máis...
 
BANDO - II CARREIRA POPULAR DO LÁZARO I PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Marzo 2017 10:28

GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:

Que o domingo 2 de abril, con motivo da celebración da “II Carreira Popular” enmarcada dentro das actividades da festividade de San Lázaro, procederase ao corte da circulación na Carretera de Vilela (dende a  Travesía da Veiga até a localidade de Vilela) en horario de 10:30 horas a 11:30 horas.

Ler máis...
 
Pablo Díaz presenta “Tic Tac Toc” no Auditorio Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Marzo 2017 15:48

O sábado día 1 de abril ás 18 h no Auditorio Municipal, acompañado de Diego Barral (guitarras) e Alex Fente (acordeón), Pablo Díaz presentará o seu último traballo discográfico "TIC TAC TOC". No acto, dirixido a nenos e nenas menores de 12 anos, fará tamén un pequeno repaso dos temas máis emblemáticos das súas anteriores gravacións, “TIC TAC” e "TOC TOC". O concerto será de libre acceso até completar aforo ao estar patrocinado polo programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística, que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística e da que forma parte o Concello de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 361 362 363 364 365 366 367 368 369 370 Seguinte > Final >>

Páxina 361 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>