Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Contacontos “Estacións en contos” de Celtia Figueiras na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Abril 2017 11:55

O vindeiro venres 7 de Abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras, quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será “Contos na Primavera”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Máis de 25.000 persoas participaron na renovada Feira do Lázaro durante toda a fin de semana PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Abril 2017 15:02

Éxito rotundo de participación no Lázaro 2017, reformulado e relanzado dende o Concello de Verín. Tanto o alcalde, Gerardo Seoane, coma o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, valoraron con satisfacción o grao de participación nos numerosos eventos da fin de semana, cunha numerosísima participación especialmente o domingo, tanto nos culturais coma nos gastronómicos e promocionais. Segundo as primeiras estimacións, máis de 25.000 persoas participaron en algunha das actividades do Lázaro durante a fin de semana.

Ler máis...
 
Comeza na Eurocidade Chaves-Verín o seminario "As idades da auga", centrado no papel milenario da auga como construtora da paisaxe PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Abril 2017 11:25

O workshop “As idades da auga: as augas construtoras de paisaxes” comezou este luns, 3 de abril, na sede da Eurocidade en Verín. O programa arrancou onte, ás 16.00 horas, coa recepción dos participantes en Verín, e a visita previa xeral, que tivo lugar ás 17.00 horas.  O seminario internacional, organizado pola Escola galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega coa colaboración da Deputación de Ourense e a Eurocidade Chaves-Verín, volverá a Verín o venres, despois das sesións dos días 4 ao 6 de abril, que terán lugar na Fundación Nadir Afonso de Chaves.

Ler máis...
 
“Ruralidades”, mosta fotográfica colectiva na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Abril 2017 11:00

A Sala de Exposicións de Verín acolle, ata o día 25 de abril, una exposición colectiva de fotógrafos galegos e portugueses en torno da mesma realidade “a ruralidade”, según as miradas de Anxos Borjas, Fernando DC Ribeiro, Humberto Ferreira, João Madureira, Miguel Garcia Torres, Pablo Serrano e Sergio Crespo Vilar.

Ler máis...
 
"La bella y la bestia" no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Abril 2017 13:15

Durante os días 7, 8 e 9 de abril , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película La bella y la bestia no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 351 352 353 354 355 356 357 358 359 360 Seguinte > Final >>

Páxina 360 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>