Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

NOTA INFORMATIVA: PLANETA MÓBIL DE LA CAIXA PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Xuño 2016 15:05

Desde as 10 h de hoxe, martes día 21, suspendéronse definitivamente as proxeccións previstas no Planeta Móbil de La Caixa que estaba instalado no Pavillón dos Deportes de Verín. As proxeccións previstas para a tarde do luns xa se suspenderan provisionalmente, porque así o pediron desde os servizos técnicos de La Caixa que até primeira hora da mañá da martes non poderían revisar o equipamento de proxección do planetario. O motivo da suspensión definitiva é un desaxuste entre son e imaxe, que vai en incremento a medida que se repiten as proxeccións. Este problema técnico irresoluble, despois de ser revisado o equipo polo miúdo e probado de novo, e o feito de non ter La Caixa un equipamento técnico alternativo dispoñible son as causas da suspensión definitiva.

Ler máis...
 
O “Planeta móbil” de La Caixa recibe os seus primeiros visitantes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Xuño 2016 18:42

O Concello de Verín, a través da Concellería de Cultura,  en colaboración coa Obra Social da Caixa, acolle desde o hoxe ate o sábado 25 de xuño -en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas- a iniciativa "Planeta Móbil", planetario portátil que ofrecerá aos nenos e nenas, de maneira gratuíta, unha presentación didáctica e entretida sobre os planetas e as estrelas. O acto de apertura do planetario acudiu a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e o Director da sucursal de La Caixa de Verín, José Luis Francisco.

Ler máis...
 
“Os Bolechas van ás Olimpíadas” enche o Auditorio Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Xuño 2016 08:57

O pasado sábado 18 de xuño, o Auditorio Municipal acolleu o espectáculo “Os Bolechas van ás Olimpíadas”, actuación de monicreques manipulados por actores á vista para público infantil e familiar con entrada gratuíta. O acto, organizado pola Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración do Concello de Verín, fomenta a participación en galego dos nenos e nenas na resolución do conflito proposto no guión: os famosos irmáns Xis disputarán co seu antagonista Romualdo a participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016. O acto acudiron unhas 350 personas que encheron a planta principal do Auditorio municipal.

Ler máis...
 
O Concello de Verín habilita 15 espazos na vila para a fixación de esquelas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 18 Xuño 2016 06:35

O Concello de Verín ven de habilitar 15 espazos na vila para a fixación das esquelas que, como é tradición inmemorial no Val de Monterrei, ocupaban postes da luz e portas de edificios abandoados. O Concello fai un chamamento ó seu uso, en aras do ornato das rúas e da estética da vila.
Ler máis...
 
Máis de 4.700 espectadores disfrutaron do retorno do cine comercial a Verín nas últimas 14 semanas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 18 Xuño 2016 06:17

O Concello de Verín e a Mancomunidade de Municipios de Monterrei asinaron onte un convenio para dar continuidade ó programa que, dende as pasadas festas do Lázaro, permitiu o retorno das exhibicións comerciais de cine a Verín. O convenio garante actividades que implicarán ós outros municipios, e o uso da Casa da Cultura de Verín para este fin. Durante as últimas 14 semanas, case 5.000 espectadores desfrutaron desta nova actividade cultural.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 411 412 413 414 415 416 417 418 419 420 Seguinte > Final >>

Páxina 415 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>