O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial |
|
|
|
Mércores, 28 Xuño 2023 12:17 |
Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, o respecto, a diversidade e a liberdade. |
Ler máis...
|
O Auditorio de Verín acolle a respresentación da obra “O furancho” de Ibuprofeno teatro |
|
|
|
Mércores, 28 Xuño 2023 11:18 |
O sábado 8 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio de Verín acolle a representación da obra “O Furancho”, da compañía Ibuprofeno Teatro. Peza de teatro escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos. |
Ler máis...
|
O FIC estrea imaxe corporativa para adaptala aos tempos actuais e á anovada filosofía do certame como espazo cultural permanente dentro da vila de Verín |
|
|
|
Domingo, 25 Xuño 2023 11:33 |
O FIC Vía XIV de Verín está de estrea. A directiva do certame deu a coñecer hoxe a nova imaxe corporativa do festival que substitúe á que se viña empregando dende o ano 2016, data na que xurdiu a iniciativa. Segundo sinalou Jorge Godás, director de Creatividade e Multimedia do FIC durante a presentación da nova identidade gráfica, “esta renovación persegue modernizar e adaptar a imaxe de marca ao tempo presente” e por iso aposta “por unha liña de deseño tremendamente actual, cunha composición tipográfica simétrica que transfire maior dinamismo”. |
Ler máis...
|
Pleno extraordinario de organización do Concello de Verín |
|
|
|
Venres, 23 Xuño 2023 11:31 |
Esta mañá tivo lugar na casa consistorial o pleno extraordinario de constitución do Concello de Verín no que se trataron os seguintes puntos: |
Ler máis...
|
Arrinca a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano con máis de 200 nenos e nenas inscritos |
|
|
|
Xoves, 22 Xuño 2023 12:24 |
Esta mañá comezaron no colexio Princesa de España, con máis de 200 nenas e nenos inscritos, a Ludoteca de verán "Convive en Igualdade" e o Campamento urbano 2023, dúas actividades municipis de conciliación familiar destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo de lecer da cativada con propostas lúdicas e educativas. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>
|
Páxina 47 de 994 |