Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Abertas as bases de inscrición para os Maios 2023 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Abril 2023 10:12

Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza o día 1 de maio unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos, que se rexerá polas seguintes BASES:

Ler máis...
 
Concello de Verín e Denominación de Orixe colaborarán no Centro de Divulgación do viño de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Abril 2023 09:21

O futuro novo escaparate ao mundo dos viños de Monterrei contará con  500 m2, no que será o Centro de Difusión do Viño de Monterrei, na antiga adega de Recaredo Romero, nas traseiras do edificio modernista do mesmo nome.  O recén nomeado presidente da DO, Jonatás Gago, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, visitaron o espazo adquirido a semana pasada para comezar a traballar no proxecto.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "El chico león" e "Matria" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Marzo 2023 09:08

Durante os días 31 de marzo e  1 e 2 de abril o  #CinemaMunicipaldeVerín acolle as proxeccións das películas  "El chico león" e "Matria" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro familiar “Asamblea Xeral” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Marzo 2023 09:40

O 2 de abril, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación da obra “Asemblea xeral”, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) e Sarabela Teatro.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV 2023 programará pezas audiovisuais e actividades paralelas específicas que poñan o foco na loita contra o cambio climático e a sostibilidade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Marzo 2023 11:47

A VIII edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, xa ten datas. Desenvolverase na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro. Este ano, como principal novidade, a organización decidiu poñer o foco dunha das categorías oficiais do certame -a denominada Horizontes- en programar curtas que teñan como obxectivo chamar a atención sobre a sostibilidade e a urxencia de tomar medidas que axuden a paliar o cambio climático, ademais de manter a recepción de curtas baixo a premisa habitual desta categoría. Ao respecto desta cuestión, tamén se promoverán accións paralelas específicas dentro da axenda do FIC 2023.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 50 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>