O Festival de Curtas de Verín promoverá iniciativas formativas orientadas a profesionais que queiran mellorar as súas competencias en diferentes disciplinas ligadas ao ámbito audiovisual |
|
|
|
Martes, 08 Agosto 2023 08:32 |
A organización do FIC Vía XIV propón para este 2023 unha serie de actividades formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa actividade no eido audiovisual e queiran mellorar as súas competencias arredor dunha serie de disciplinas ligadas a este ámbito de actividade. Porén, tamén, esta axenda formativa se dirixe a un público de carácter amateur interesado en coñecer máis de preto detalles da cinematografía e das súas áreas afíns. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2023 – 2024 das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín |
|
|
|
Venres, 04 Agosto 2023 10:49 |
A Concellería de Deportes do Concello de Verín comprace anunciar que xa está aberto o período de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa. |
Ler máis...
|
O músico verinés Álvaro Rúa bate un novo Record Guinness Mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento |
|
|
|
Xoves, 03 Agosto 2023 13:58 |
Álvaro Isaac Rúa Manso fixo historia esta mañá ao acadar o novo World Record Guinness Mundial por tocar a nota máis longa cun instrumento de vento, concretamente cunha gaita galega. Este logro tivo lugar no Auditorio Municipal, onde o músico verinés demostrou a súa gran destreza musical. |
Ler máis...
|
As III Xornadas de Música Tradicional Nova Era encherán as rúas de Verín de actividades para todos os públicos |
|
|
|
Luns, 31 Xullo 2023 17:24 |
Os vindeiros días 3, 4, 5 e 6 de agosto a Banda de Gaitas Nova Era volverá celebrar as "Xornadas de Música Tradicional Nova Era", un evento que pretende dinamizar a axenda de Verín con actividades ao redor da música tradicional e popular galega. A III edición destas Xornadas preséntase coma unha oportunidade para o encontro da veciñanza ao redor da música de raíz con foliadas, actividades para a cativada, visitas aos centros de maiores e incluso un intento de novo World Record Guinness. Unha proposta cultural que contará con máis de 50 músicos das asociacións culturais da comarca e o apoio do Concello de Verín e do tecido hosteleiro da vila. |
Ler máis...
|
A XVI Feira do Viño de Monterrei ocupará con actividades a totalidade da Alameda |
|
|
|
Luns, 31 Xullo 2023 14:10 |
A localidade de Verín acollerá, do 11 ao 13 de agosto, unha nova edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.
Nesta ocasión estarán presentes un total de 18 das 28 adegas que conforman a denominación, «o que demostra o gran apoio do sector ao noso principal evento vitivinícola», destaca o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Jonatás Gago García. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>
|
Páxina 51 de 1000 |