Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

'O ladrón de plumas' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Xuño 2015 11:48

O vindeiro venres 05 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O ladrón de plumas’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Bando Municipal: Incendios forestais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Xuño 2015 09:10

Coa chegada do verán aumenta o risco de incendios forestais no noso Concello considerado como un dos concellos de "alto risco". É de máximo interese para todos os veciños de Verín que as fincas, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia perante o risco de incendios.

Ler máis...
 
Bando Municipal: Corpus PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Xuño 2015 07:55

Aos residentes nas rúas Amaro Refoxo, Cruz e treito dende a praza Maior á rúa Maior (até a Igrexa Parroquial), na medida do posible, se absteñan de utilizar o vehículo polas referidas rúas, dende as 22:00 horas do 6 de xuño até as 14:00 horas do día 7; todo isto con motivo da celebración da festa do Corpus e alfombrar con flores as devanditas rúas para esta festividade relixiosa.

Ler máis...
 
IV Xornadas de Portas Abertas en Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Maio 2015 12:06

A Ruta do Viño Monterrei, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia, organizará este fin de semana as IV Xornadas de Portas Abertas, coa colaboración da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Chaves-Verín e a Oficina de Turismo do Concello de Verín.

Ler máis...
 
Verín e Chaves promoven a 1ª Baixada Transfronteiriza e Andaina polo río Támega no Día Mundial do Medio Ambiente PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Maio 2015 12:34

A AECT Eurocidade Chaves-Verín, conxuntamente co Município de Chaves e o Concello de Verín, conmemorarán o Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 05 de xuño, coa realización da 1ª Baixada Transfronteiriza e Andaina polo río Támega no Día Mundial do Medio Ambiente.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 491 492 493 494 495 496 497 498 499 500 Seguinte > Final >>

Páxina 499 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>