Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

As obras de mellora da ETAP de Verín, que comenzarán este mes, incrementarán a eficacia do tratamento das augas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Setembro 2014 17:01

A casa consistorial de Verín acolleu, esta mañá, unha reunión entre o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Douro, José Valín Alonso, na que se anunciou que este mes se iniciarán as obras de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Verín, destinadas a incrementar a eficacia do tratamento das augas, co que se solucionarán os problemas de turbidez que se veñen producindo, sobre todo en época de chuvias, xa que se colmatan os filtros da estación.

Ler máis...
 
Arranca o programa infantil 'Kero-Informátika' PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Setembro 2014 15:58

O Concello de Verín, a través da Escola de Familia municipal, pon en marcha o proxecto infantil 'Kero-Informátika', destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, no que comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual.

Ler máis...
 
O musical 'Moulin Rouge’, dos/as alumnos/as do IES Taboada Chivite, chega ao Pavillón de Deportes de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Setembro 2014 13:34

Máis de cen alumnos/as do IES Taboada Chivite de Verín, coa colaboración do Concello de Verín, representarán os días 12 e 19 de setembro, no Pavillón Municipal de Deportes da localidade, o musical ‘Moulin Rouge’.

Ler máis...
 
Os/As menores da Ludoteca de Verán recadan 1.500 euros para a campaña solidaria "Valeria, a túa loita é a nosa loita” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Setembro 2014 19:12

Na xornada de hoxe, os/as menores da Ludoteca de Verán - Campamento Urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, fixeron entrega dos 1.500 euros recadados na campaña solidaria "Valeria, a túa loita é a nosa loita", realizada co obxecto de acadar fondos para o tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada.

Ler máis...
 
Entrega de diplomas aos/ás voluntarios/as da Bibliopiscina PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Setembro 2014 19:23

A casa consistorial de Verín acolleu esta tarde a entrega de diplomas, por parte do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, aos/ás rapaces/zas voluntarios da Bibliopiscina pola súa  labor de voluntariado neste servizo das piscinas descubertas de A Granxa.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 571 572 573 574 575 576 577 578 579 580 Seguinte > Final >>

Páxina 571 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>