Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Subvencións á produción escénica PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Abril 2014 10:27

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 10 de abril de 2014, da Axencia Galega das Industrias Culturais, pola que se aproban as bases de subvencións á produción escénica e se convocan para o ano 2014.

Ler máis...
 
Volve o certame ‘Imaxes con Fondo’ para premiar fotografías solidarias e concienciadoras PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Abril 2014 07:12

O Fondo Galego de Cooperación convoca a segunda edición do certame ‘Imaxes con Fondo’ para convidar á reflexión arredor da solidariedade e da nosa responsabilidade na construción dun mundo máis xusto. Na categoría de persoas adultas, o primeiro premio será unha viaxe a Nicaragua co fin de realizar un traballo fotográfico sobre os proxectos apoiados pola entidade organizadora no país centroamericano. A sección xuvenil, dirixida a mocidade de entre 14 e 17 anos, está dotada cunha cámara réflex. En ambos os dous casos, o segundo posto recoñecerase cunha cesta de produtos de comercio xusto e o terceiro cun lote de películas de temática social.

Ler máis...
 
Tom Kucharz aborda os conflitos sociecolóxicos nun novo encontro dixital do Fondo Galego PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Abril 2014 07:01

O activista e investigador social Tom Kucharz, membro da Secretaría Confederal de Ecoloxistas en Acción, é o convidado do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no novo encontro dixital #Alén2015 programado para este mes. A cita terá lugar o vindeiro venres 25 de abril a través dos perfís de Facebook (facebook.com/fondogalego) e Twitter (@FondoGalego) da organización. A actividade desenvólvese na semana en que se conmemora o Día Internacional da Nai Terra, que se celebrou onte martes 22.

Ler máis...
 
Inicio do programa de 'Se queres, podes' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Abril 2014 10:52

O Concello de Verín, a través da Escola de Familia Municipal, promove a realización do programa de alfabetización de persoas adultas 'Se queres, podes' na localidade.

Ler máis...
 
Convocatoria dos premios do XXVII Certame “Mozos Investigadores” para 2014 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Abril 2014 10:37

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución de 25 de marzo de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan os premios do XXVII Certame "Mozos Investigadores" para 2014.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 601 602 603 604 605 606 607 608 609 610 Seguinte > Final >>

Páxina 608 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>