Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Profesionais da Eurocidade Chaves-Verín, vinculados ao turismo e termalismo, participan nun intercambio de coñecementos en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Febreiro 2014 14:15

A Eurocidade desenvolveu un programa de intercambio, no hotel-balneario de Ferreira de Pantón (Lugo), para profesionais de turismo e termalismo dos municipios de Verín e Chaves. Unha acción enmarcada dentro do  proxecto "Eurorrexión Termal e da Auga" -financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal- e que tivo como obxectivo principal contribuír á revalorización da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como referente europeo do termalismo, ademais de proporcionar coñecementos  xerais sobre termalismo e incentivar á coordinación entre axentes turísticos e  sociais para garantir unha experiencia termal integrada e de alto valor engadido.

Ler máis...
 
O espectáculo'Yin' chega a Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2014 14:49

Na xornada do venres 07 de febreiro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Verín terá lugar a representación do espectáculo 'Yin', organizado por Nekane Fernández e compañía, e coa colaboración do Concello de Verín.

Ler máis...
 
Suspensión das actividades ao aire libre en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2014 14:39

Seguindo as indicacións da Comisión Escolar de Alertas nas que se determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa, tamén quedarán suspendidas na xornada de mañá todas as actividades realizadas, ao aire libre, polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín. Máis información no seguinte link

 
Fegamp e Fondo Galego renovan o seu acordo de colaboración PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2014 13:35

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade rubricaron esta mañá a renovación do seu acordo de colaboración. A firma protagonizárona os seus respectivos presidentes, José Manuel Rey Varela e Teresa París. É a terceira vez que ambas as entidades subscriben este convenio, tras as positivas experiencias dos anos 1988 e 2005.

Ler máis...
 
Suspensión dos adestramentos de Fútbol 11 e Fútbol 8 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Febreiro 2014 14:07

Na xornada de hoxe, 04 de febreiro, quedan suspendidos todos os adestramentos de Fútbol 11 e Fútbol 8 a causa do temporal (agardamos que mañá se volva á rutina dos adestramentos).

 
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>

Páxina 631 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>