Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Fondo Galego organiza doce encontros dixitais para avaliar os Obxectivos do Milenio PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Xaneiro 2014 09:33

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organizará unha ducia de encontros dixitais con expertas e expertos nos distintos temas que abordan os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Baixo o epígrafe ‘Alén 2015’, as citas online programaranse unha vez ao mes para reflexionar sobre as metas fixadas polos Estados membros da ONU para 2015 en ámbitos como a erradicación da pobreza, o ensino universal, a igualdade de xénero, a saúde ou o medio ambiente. Nestes espazos de debate buscarase ir máis alá, pensando nas definicións da axenda da axuda internacional a partir do vindeiro ano.

Ler máis...
 
Corrección de erros das bases para as axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xaneiro 2014 10:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da corrección de erros da Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014.

Ler máis...
 
Arranca a iniciativa 'Contos en Inglés' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xaneiro 2014 13:15

A Biblioteca Pública Municipal de Verín inicia, a partir deste sábado 01 de febreiro, a iniciativa 'Contos en Inglés', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
'Contos dos Monstros' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xaneiro 2014 13:14

O vindeiro venres 31 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos dos Monstros', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Relatorio 'Consideracións constitucionais sobre os partidos políticos' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xaneiro 2014 13:10

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o vindeiro mércores 29 de xaneiro, ás 19.30 horas, a presentación do libro Dereito de sufraxio, réxime electoral e partidos políticos: da Constitución de Cádiz aos nosos días, a cargo de José Agustín González-Ares Fernández, coordinador e coautor da publicación.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>

Páxina 633 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>