Imaxes do III Pleno Infantil |
|
|
|
Luns, 25 Novembro 2013 13:45 |
Un total de 85 alumnos/as do CEIP Amaro Refojo (6º de Primaria) e dos colexios Apostólico Mercedario (1º de ESO) e María Inmaculada (6º de Primaria) participaron na terceira edición do Pleno Infantil celebrado esta mañá na Casa da Cultura de Verín, organizado por UNICEF e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín. Todas as imaxes no noso Facebook.
|
A Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago promocionase na nova edición de INTUR |
|
|
|
Venres, 22 Novembro 2013 18:54 |
Este domingo 24 de novembro, e no marco de INTUR-Feira Internacional de Interior, a Eurocidade Chaves-Verín promocionará en Valladolid a Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago, un producto turístico transfronterizo que busca converter a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nun referente do termalismo do sur de Europa. |
Ler máis...
|
Verín e Vilardevós estrean novo alumeado público co fin de racionalizar e optimizar o consumo enerxético |
|
|
|
Venres, 22 Novembro 2013 14:01 |
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, reunise está mañá cos alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, para recepcionar a obra de mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública nas zonas de Pazos (Verín) e Vilardecervos (Vilardevós).
|
Ler máis...
|
O PCT Puertas de Galicia participa na Feira Internacional de Turismo en Valladolid |
|
|
|
Venres, 22 Novembro 2013 13:59 |
O Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia está presente, ata o domingo 24 de novembro, na Feira Internacional de Turismo INTUR, que se celebra en Valladolid co obxecto de amosar as diferentes ofertas de turismo de interior. O PCT Puertas de Galicia, cun espazo propio, está a amosar aos/ás visitantes desta feira turística toda a información necesaria para que podan visitar o destino Verín-Viana, a través do reparto da Guía do Territorio Puertas de Galicia, un mapa das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras (co patrimonio cultural e artístico ademais de referencias de restauración das dúas zonas), ou dípticos do recén inaugurado Centro BTT Puertas de Galicia. O mesmo está situado na fronteira entre Galicia, Portugal e Castela-León, e conta cun total de 244 quilómetros, divididos en doce rutas sinalizadas, nove circulares e tres de conexión entre elas: Carballeiras, Os Castros, Encoro do Vao, As Telleiras (estas destinadas a afeccionados, familias os grupos de amigos), Valmedo, Riós-Barxa, Pena Maseira, Tres Reinos, A Gudiña-Entrecinsa, Val do Río Conso, Vilariño de Conso-Viana do Bolo e A Escrita (para os máis expertos). |
Ler máis...
|
Dúas novas representacións no 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' |
|
|
|
Xoves, 21 Novembro 2013 13:00 |
Durante estas dúas semanas terán lugar as últimas representacións teatrais do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', promovido pola Eurocidade Chaves-Verín dentro do seu programa de actividades de fomento da cultura transfronteiriza e organizado pola Asociación para la Cultura y el Ocio La Caja de Pandora de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>
|
Páxina 654 de 981 |