Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Ampliación do prazo de inscrición para o Encontro 'Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde' na Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Novembro 2013 11:50

Ata mañá venres 08 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para matricularse no  encontro 'Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde (do pano da mesa ao plan de negocio)', organizado os días 14 e 15 de novembro pola Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ e a CEG e o apoio do Gabinete Técnico da Eurocidade.

Ler máis...
 
'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Novembro 2013 12:11

A Casa da Cultura de Verín acollerá nas vindeiras semanas as representacións do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Tras-Os-Montes.

O festival, promovido pola Eurocidade Chaves-Verín dentro do seu programa de actividades de fomento da cultura transfronteiriza, conta coa organización da Asociación para la Cultura y el Ocio La Caja de Pandora de Verín. O mesmo ten por obxecto de  fomentar a colaboración conxunta entre os municipios na organización de actividades común, destinadas a promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizar aos/ás cidadáns/nas dos dous lados da fronteira, fomentando un sentimento de eurocidadanía, de pertenza a un único territorio máis tamén de cooperación territorial transfronteiriza mediante o aproveitamento conxunto de equipamentos e xestión equilibrada de recursos, evitando a duplicidade de equipamentos e custos.

Ler máis...
 
O Concello de Verín, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense asinan un convenio para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Novembro 2013 14:54

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta mañá ao acto de sinatura dun convenio entre o Concello de Verín, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Axencia de Turismo de Galicia) para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín.

Ler máis...
 
Charla-coloquio 'Roberto Vidal Bolaño e o teatro en Galicia' PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Novembro 2013 13:52

Na xornada de mañá, 06 de novembro, terá lugar nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal de Verín a charla-coloquio Roberto Vidal Bolaño e o teatro en Galicia.

Ler máis...
 
‘Contos da Xoaniña’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Novembro 2013 11:55

O vindeiro venres 08 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Xoaniña' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>

Páxina 659 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>