|
Relatorio 'Demencia e Alzheimer' en Verín |
|
|
|
|
Martes, 30 Abril 2013 10:49 |
|
O vindeiro vernres 3 de maio, a partir das 17.30 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá o relatorio 'Demencia e Alzheimer', impartido por Sira Gago Pérez, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), e enmarcado dentro programa 'Estamos a Tempo', que desenvolve o departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín.
|
|
Ler máis...
|
|
GALEUROPA: proxecto de mobilidade galega |
|
|
|
|
Martes, 30 Abril 2013 10:13 |
|
Desde Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade infórmase da publicación da orde pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede a súa convocatoria. A orde está dotada cun orzamento de 600.000 euros.
|
|
Ler máis...
|
|
Axudas para a creación a mellora de microempresas de aproveitamentos forestais |
|
|
|
|
Martes, 30 Abril 2013 08:59 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013.
|
|
Ler máis...
|
|
Local de ensaio Eurocidade: actividades de creación e mostra musical |
|
|
|
|
Luns, 29 Abril 2013 12:10 |
|
No marco do proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), no que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves, está previsto durante os meses de maio e xuño levar á cabo unha programación para potenciar a creatividade musical. |
|
Ler máis...
|
|
‘Contos do sol, a sal e o son’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
|
Luns, 29 Abril 2013 12:09 |
|
O vindeiro venres 03 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do sol, a sal e o son' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 731 732 733 734 735 736 737 738 739 740 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 739 de 1004 |