Ciclo de curtametraxes ‘O pequeno é fermoso’ |
|
|
|
Luns, 27 Abril 2009 09:53 |
O Concello de Verín organiza, co apoio da Axencia Audiovisual Galega Cinemas Dixitais, o ciclo de curtametraxes ‘O pequeno é fermoso’, durante os meses de abril e maio.
|
Ler máis...
|
Exposición didáctica ‘Galicia, biodiversidade’ |
|
|
|
Luns, 27 Abril 2009 09:53 |
Ata o próximo 2 de maio, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Galicia, biodiversidade’, organizada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en colaboración co Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Luns, 27 Abril 2009 08:53 |
Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de musgo e plantas silvestres. O carón dos maios ou agochado no seu interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade crítica. En lembranza deste home que lle deu un novo pulo a esta manifestación da nosa cultura popular e para promover a creación de maios entre as asociacións, institucións e centros de ensino, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios artísticos, tradicionais e humanos, con divulgación de coplas cantables. |
Ler máis...
|
Inicio das obras de abastecemento, saneamento e pavimentación da rúa Espido |
|
|
|
Venres, 24 Abril 2009 11:10 |
Na próxima semana, iniciaranse as obras de abastecemento, saneamento, rede de pluviais, pavimentación e construción de beirarrúas na rúa Espido, proxectadas pola anterior Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e cuxo orzamento ascende aos 232.000 euros. |
Ler máis...
|
Modificación das ordenanzas reguladora e fiscal do aparcadoiro de vehículos na vía pública |
|
|
|
Venres, 24 Abril 2009 11:07 |
No Pleno Ordinario do próximo luns 27 de abril, tamén se abordarán a modificación das ordenanzas reguladora e fiscal do aparcadoiro de vehículos na vía pública (ORA). Unha cuestión exposta, tras examinar que a ordenanza reguladora do servizo de ordenación e regulación do aparcadoiro de vehículos na vía pública non permite aos seus usuarios a opción de anular unha multa, en caso de exceder lixeiramente o tempo pagado, ou non poñer ticket polo escaso tempo de permanencia na vía pública. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 951 952 953 954 955 956 957 958 959 960 Seguinte > Final >>
|
Páxina 955 de 989 |