Luns, 02 Marzo 2009 11:42 |
A celebración do Día de Piñata, o pasado sábado 28 de febreiro, puxo o broche final ao Entroido 2009. Durante o acto tivo lugar unha cea nun restaurante da vila, o reparto de 33 placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-: - Cigarrón de Honra: José Ramón Cardoso - Mención Especial: Elena Rodríguez Barreira, a raíña do Entroido - A mellor comparsa: Antoxo
- A mellor carroza: Prehistoricos.com - O “Pescadilla”: María Lourdes Fidalgo Pérez
|
Próximas actividades para os eurocidadáns |
|
|
|
Venres, 27 Febreiro 2009 11:40 |
Dentro do espírito de fomento da Eurocidadanía, esta primavera a Eurocidade contará, entre outras actividades, con dúas citas deportivas destacables:
- 1º Torneo de Fútbol-Sala Interparroquial da Eurocidade -de abril a xuño-. Primeira competición deportiva na que participarán equipos formados integramente por xogadores de ambos municipios.
- 1ª Carreira Pedestre da Eurocidade -10 de abril-. Con saída no municipio de Verín e chegada ao de Chaves.
|
A Eurocidade Chaves-Verín, foco de interese académico e institucional |
|
|
|
Venres, 27 Febreiro 2009 11:39 |
Seminario temático: “As conurbacións transfronteirizas: potenciación da gobernanza interna”
O vindeiro 12 de marzo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural de Chaves o primeiro seminario temático do proxecto “URBACT: EGTC”. Este proxecto, enmarcado no programa europeo URBACT e encabezado pola MOT (Misión Operacional Transfronteiriza), pon en rede a varias aglomeracións transfronterizas de Europa e pretende realizar intercambios e traballos sobre o desenvolvemento das súas ferramentas de goberno transfronteirizo local.
|
Ler máis...
|
O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín recibe un impulso de 1.333.000 euros |
|
|
|
Venres, 27 Febreiro 2009 11:36 |
O Comité de Xestión do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), acordou conceder ao proxecto Eurocidade a candidatura presentada no mes de abril, polo que o 75% do valor solicitado será financiado por este fondo.
|
Ler máis...
|
1º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves – Verín |
|
|
|
Xoves, 19 Febreiro 2009 18:18 |
A 1ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”, que terá lugar entre marzo e xuño de 2009, pretende ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 961 962 963 964 965 966 967 968 969 970 Seguinte > Final >>
|
Páxina 963 de 989 |