Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Ciclo 'Músicas Raianas' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Decembro 2008 12:03

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o delegado da Consellería de Cultura e Deportes, Antonio Blanco Rodríguez, presentaron esta mañá o ciclo 'Músicas Raianas'. 'Músicas Raianas' naceu como proxecto innovador para divulgar as experiencias musicais máis interesantes que se están a desenvolver no ámbito da música popular na Eurocidade Chaves-Verín. Para iso, elixíronse catro formacións musicais de ámbitos tan distintos como a música tradicional, o fado, a unión de bossanova e jazz; e a fusión, para o tradicional cuarto de corda clásico, de músicas que son innovadoras nese repertorio, como as bandas sonoras, os estándar que dominan as listaxes de éxitos, ou o rock sinfónico. O criterio que se seguiu foi o de incluír na programación a dous grupos de Verín e outros tantos de Chaves.

Ler máis...
 
Pleno extraordinario urxente PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Decembro 2008 21:05
O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión extraodinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
Ler máis...
 
Adquisición de maquinaria destinada á limpeza de vías e camiños forestais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2008 14:05
O Concello de Verín e a Consellería de Medio Rural asinaron un convenio para a compra maquinaria destinada á execución dun plan de xestión da biomasa, co obxecto de evitar os incendios forestais ou, en todo caso, minorar as súas consecuencias económicas e ambientais -mediante a realización de traballos preventivos nos estratos arbóreos, arbustivo e subarbustivo, especialmente en vías e camiños forestais-.
Ler máis...
 
Realización de obradoiros e seminarios PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2008 14:04

Durante o mes de decembro, a localidade de Verín acollerá a realización dos obradoiros 'Atrévete a innovar' e 'Seminarios de Mellora Empresarial para o comercio en activo e as Micropemes'.

Ler máis...
 
2ª Edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Novembro 2008 13:36

Co fin de cubrir todas as peticións realizadas polas persoas maiores da localidade, que amosaron a súa satisfacción ante os tratamentos, prezos e o trato persoal recibido nas Termas de Chaves, indicando a maioría dos termalistas que xa realizaron estas terapias o seu interese por repetilas, a Eurocidade Chaves-Verín decidiu realizar unha segunda edición do Programa de Termalismo Social, que comezará o vindeiro martes 2 de decembro.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 961 962 963 964 965 966 967 968 969 970 Seguinte > Final >>

Páxina 970 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>