Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Museo do Claustro Mercedario pulveriza todos os récords con 30.000 visitantes e medio cento de actividades en catro anos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Decembro 2021 11:01

 Mencións tan salientables como a da revista National Geographic, nominacións para premios de divulgación como a do Instituto Galego do Viño (INGAVI) ou a atención do Consello de Europa, que a semana pasada avaliou as súas instalacións de cara a incluílas nos seus Itinerarios Culturais Europeos, son o extraordinario balance dos catro anos de vida do Museo do Claustro Mercedario de Verín. O centro, nacido da colaboración do Concello de Verín coa Orde da Mercede, pretende divulgar a identidade histórica de Verín mediante as máis modernas técnicas de Interpretación Patrimonial.

Ler máis...
 
Verín presenta a súa programación de Nadal con trece propostas de ocio, cultura e dinamización do comercio local PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Decembro 2021 12:27

 Esta mañá, a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, xunto co xerente e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Xosé Ángel Rodicio e Santos Álvarez, presentaron o programa de actividades para este Nadal. Serán, un total de trece ofertas de lecer, cultura e dinamización do comercio local  deseñadas para o goce de todos os públicos, que se estenderan desde o sábado 4 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro do 2022.

Ler máis...
 
ACTUALIZACIÓN RESTRICIÓNS COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Novembro 2021 12:15

O pasado sábado 27 de novembro, a Xunta de Galicia publicou unha nova #orde no Diario Oficial de Galicia pola que actualiza as #restricións da comunidade. Estas son as principais novidades:
Ler máis...
 
Abre o prazo de inscrición do servizo de conciliación familiar “Ludonadal 2021/2022” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Novembro 2021 11:37

XX O mércores 1 de decembro ábrese o prazo de inscrición do servizo de ludoteca “Ludonadal”, actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín mostra a súa riqueza patrimonial e termal ao Consello de Europa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Novembro 2021 19:35

 A  Eurocidade Chaves-Verín, AECT como membro da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (siglas en inglés:  EHTTA https://ehtta.eu/portal/es/home-3/) recibiu os días 25 e 26 novembro a visita da Dra. Cristina  Farinha da  Universidade  do Porto, sendo designada para avaliar o Roteiro Termal e da auga Verín-Chaves-Vidago no ámbito do Itinerario Cultural Europeo do Consello de Europa que integran as cidades con Herdanza Termal en Europa, representadas pola  EHTTA.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>

Páxina 99 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>