O escritor servoirés Francisco Xavier Pérez Álvarez doará os beneficios do seu libro “Lembranzas dun vagalume” a Cáritas |
|
|
|
Martes, 29 Decembro 2020 13:00 |
O escritor Francisco Xavier Pérez Álvarez, natural de Servoi (Castelo do Val), doará os beneficios do seu libro “Lembranzas dun vagalume” á organización Cáritas. O seu obxectivo é claro «contribuír humildemente» a paliar os efectos negativos que está a ocasionar a pandemia ocasionada pola COVID-19. Os exemplares da obra, que será presentada proximamente na Biblioteca Municipal de Verín, están xa á venda na Imprenta Monterrei. |
Ler máis...
|
AVISO IMPORTANTE | Verín volve ao nivel máximo de restricións |
|
|
|
Martes, 29 Decembro 2020 00:21 |
O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro pasan ao nivel máximo de restricións. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín pide a mediación de Frai Chitín para que o Vaticano preste o “papamóbil” para protexer á Raíña do Entroido |
|
|
|
Domingo, 27 Decembro 2020 20:56 |
Frai Chitín de Ábedes, prior maior da Orde do Santo Entroido de Verín, ven de recibir o encargo oficial do goberno municipal para solicitarlle ao Vaticano o aluguer do “papamóbil”, coa fin de que a Raíña do Entroido poida percorrer a vila sen perigo polo Covid. Segundo o alcalde, Gerardo Seoane, o Concello solicita “a comprensión do sumo pontífice coa necesidade de protexer a unha figura tan importante” nun ano tan complicado no que o Entroido será lóxicamente moi distinto aos habituais, sen aglomeracións nen actos multitudinarios. |
Ler máis...
|
Reabre a sala de estudos da Biblioteca Municipal |
|
|
|
Mércores, 23 Decembro 2020 11:36 |
A Biblioteca Municipal de Verín reabre hoxe a súa sala estudo. As persoas interesadas poderán usar de novo o espazo, sempre tendo en conta unha serie de medidas de prevención fronte aos contaxios por Covid-19. |
Ler máis...
|
Os axentes culturais da comarca de Verin reúnense para debater sobre o futuro da cultura local |
|
|
|
Martes, 22 Decembro 2020 18:37 |
O vindeiro 28 de decembro, ás 20.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá o evento “Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín”. Trátase dunha reunión entre os axentes culturais da comarca de Verín co fin de establecer un diálogo sobre os camiños a seguir tras a COVID-19. A actividade xorde das mans de Farlopa.Fanzine e conta coa colaboración de Akasha Laboratorio Audiovisual e co apoio do Concello de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 149 de 987 |