ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID-19 EN VERÍN |
|
|
|
Venres, 20 Novembro 2020 12:29 |
A día de hoxe, venres 20 de novembro, a cifra de datos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 9. |
Ler máis...
|
Os puntos limpos de Verín xa contan con paneis informativos sobre reciclaxe |
|
|
|
Xoves, 19 Novembro 2020 13:02 |
Desde esta mañá, os dezaseis puntos limpos de Verín xa contan cunha serie de paneis informativos destinados á concienciación e formación sobre a reciclaxe. Esta acción está enmarcada dentro do programa de «Voluntariado Ambiental» organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, en colaboración co Concello de Verín, co obxectivo de informar aos cidadáns sobre que elementos se poden reciclar, e cal colector sería o indicado. |
Ler máis...
|
Verín, entre as 10 mellores Bibliotecas de España |
|
|
|
Martes, 17 Novembro 2020 14:19 |
A Biblioteca Municipal de Verín foi seleccionada entre os 10 mellores proxectos de animación á lectura de toda España dentro da XX Campaña 'María Moliner' para municipios de menos de 50.000 habitantes – que convocan o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)- pola súa iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura”. |
Ler máis...
|
Verín mide o poder dos experimentos na creación de conciencia fronte á COVID-19 |
|
|
|
Sábado, 14 Novembro 2020 12:38 |
Porque máis é menos e saúde e enfermidade teñen unha relación inversa, apostar pola información e a concienciación en medidas hixiénicas debe servir para reducir o impacto da COVID-19. Esas son algunhas das premisas nas que se fundamenta a acción que o luns comezará no Colexio Apostólico Mercedario e na que participarán 17 aulas de ESO deste centro e dos IES Castro de Baronceli e Xesús Taboada Chivite. Outra das premisas desta acción, que promove o Concello de Verín, é que a participación directa en experiencias impactantes pode ser un excelente medio para transmitir contidos de educación para a saúde e para fixalos de modo permanente nas persoas participantes. |
Ler máis...
|
ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID-19 EN VERÍN |
|
|
|
Venres, 13 Novembro 2020 14:37 |
A día de hoxe, venres 13 de novembro, a cifra de datos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 34.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seguinte > Final >>
|
Páxina 155 de 987 |