'As Cores Galegas' na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
Martes, 17 Febreiro 2015 11:44 |
Do Sábado de Piñata, 21 de febreiro, e até o día 14 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra colectiva 'As cores galegas', na que participan cinco artistas de Vigo e Ourense que presentan pinturas e esculturas caracterizadas pola diversidade de estilos, temáticas, formatos e materiais.
|
Ler máis...
|
Xornalistas e bloggers de turismo coñecen o Entroido de Verín |
|
|
|
Xoves, 12 Febreiro 2015 15:07 |
A Oficina de Turismo de Verín converterase, o vindeiro luns 16 de febreiro, no lugar de encontro de xornalistas e bloggers de turismo, que se acercarán ata a nosa vila para coñecer a festa máis emblemática, tradicional e recoñecida: o Entroido.
|
Ler máis...
|
Xoves de Comadres en Verín |
|
|
|
Mércores, 11 Febreiro 2015 13:19 |
No marco do Xoves de Comadres, mañá 12 de febreiro, realizaranse as seguintes actividades:
|
Ler máis...
|
O Fondo Galego colabora no apoio psicosocial á poboación de Gaza a través da UNRWA |
|
|
|
Mércores, 11 Febreiro 2015 08:08 |
A directora executiva da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA-España), Raquel Martí, presentou esta mañá nun encontro con diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a intervención psicosocial coa poboación refuxiada de Gaza á que contribúe a entidade. Segundo a experta, que repasou en Santiago de Compostela a terrible situación da franxa, na actualidade “un dos maiores problemas é o trauma psicolóxico que arrastra a poboación, e en particular a infancia: un neno de seis anos xa viviu tres guerras”. Ademais, “é un trauma crónico, moi difícil de tratar”, asegurou na sede da Fegamp.
|
Ler máis...
|
Subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego |
|
|
|
Mércores, 11 Febreiro 2015 08:05 |
Desde o Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de xaneiro de 2015, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN201H). Toda a información no seguinte enlace.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 541 542 543 544 545 546 547 548 549 550 Seguinte > Final >>
|
Páxina 549 de 999 |