Subvencións do programa de axudas económicas individuais para residentes no exterior durante o ano 2015 |
|
|
|
Xoves, 22 Xaneiro 2015 08:55 |
Desde o Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 15 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para residentes no exterior durante o ano 2015. Máis información no seguinte link.
|
'Prantas medicinais e cultural popular' do Padre Fontes e José Rodríguez na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Mércores, 21 Xaneiro 2015 14:00 |
O vindeiro mércores 28 de xaneiro, ás 18 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín o relatorio 'Prantas medicinais e cultura popular', a cargo dos escritores e etnógrafos Antonio Lourenço Fontes (Padre Fontes) e José Rodríguez Cruz. |
Ler máis...
|
Probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos |
|
|
|
Mércores, 21 Xaneiro 2015 14:30 |
Desde a Escola de Familia Municipal infórmase da publicación da convocatoria das para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos. |
Ler máis...
|
Subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital |
|
|
|
Mércores, 21 Xaneiro 2015 10:52 |
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
|
Ler máis...
|
A Oficina de Información Turística de Verín incrementa nun 61% o número de consultas no último ano |
|
|
|
Martes, 20 Xaneiro 2015 13:37 |
A Oficina de Información Turística de Verín atendeu no ano 2014 un total de 2.824 consultas, o que supón un incremento do 61% con respecto ao 2013, data na que esta dependencia municipal estaba situada na Casa do Escudo, que tamén acollía a Sala de Exposicións da localidade e o Albergue de Peregrinos.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 551 552 553 554 555 556 557 558 559 560 Seguinte > Final >>
|
Páxina 556 de 999 |