Axudas para a promoción de emprego novo e implantación da Garantía Xuvenil en I+D+i |
|
|
|
Venres, 16 Xaneiro 2015 13:21 |
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se convocan axudas correspondentes ao ano 2014, para a promoción de emprego novo e implantación da Garantía Xuvenil en I+D+i no Subprograma Estatal de Incorporación, do Programa Estatal de Promoción do Talento e o seu Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016. Toda a información no seguinte link.
|
O obradoiro de emprego San Antón conclúe a rehabilitación da capela do San Antón e o seu contorno |
|
|
|
Xoves, 15 Xaneiro 2015 15:13 |
O obradoiro de emprego San Antón, concedido pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos de Verín e Vilardevós, finalizou na xornada de hoxe as actuacións de rehabilitación da capela de San Antón, acondicionamento do seu contorno natural e revalorización do patrimonio arqueolóxico da zona.
|
Ler máis...
|
A AECT Eurocidade Chaves-Verín promove a primeira reunión de traballo dos/as empresarios/as participantes na plataforma 'Chaves-Verín Smart Destination' |
|
|
|
Xoves, 15 Xaneiro 2015 15:12 |
Ao longo desta mañá, o Servizo de Turismo de Verín promoveu entre os/as empresarios/as da comarca a primeira reunión da plataforma 'Chaves-Verín Smart Destination', nacido co obxecto de favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas de innovación nas PEMES do sector turístico e facer de Chaves-Verín un destino turístico intelixente, grazas á prestación de máis e mellores servizos por parte das empresas turísticas a través da utilización de tecnoloxías innovadoras.
|
Ler máis...
|
Axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais, á conciliación da vida familiar e laboral e para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais |
|
|
|
Xoves, 15 Xaneiro 2015 09:35 |
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das seguintes axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais, á conciliación da vida familiar e laboral e para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais.
|
Ler máis...
|
'Campus de Emprendemento Sostible' na Casa da Cultura de Verín |
|
|
|
Martes, 13 Xaneiro 2015 14:11 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro 22 de xaneiro o 'Campus de Emprendemento Sostible', organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e coa colaboración cos concellos de Verín, Riós, Oímbra, Monterrei, Laza, Cualedro e Castrelo do Val, Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense e Asociación Monteval. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 551 552 553 554 555 556 557 558 559 560 Seguinte > Final >>
|
Páxina 558 de 999 |