Venres, 30 Agosto 2013 08:57 |
Emisión do vídeo musical gravado en Verín: 31 de agosto, ás 17.50 horas, na TVG.
Nesta iniciativa, na que tamén colaborou o Concello de Verín, os participantes interpretaron a canción popular “Quérote máis” de O Sonoro Maxín.
|
Máis de 30.000 persoas visitan a Eurocidade na primeira edición de “Aquae Flaviae – Festa dos Pobos - Mercado Romano” |
|
|
|
Xoves, 29 Agosto 2013 10:46 |
Foron tres días de retorno ao pasado, nunha festa popular chea de cor e animación, que invitou ao/á visitante a unha viaxe polo tempo ata a época romana. No pasado fin de semana, a Eurocidade realizou a primeira edición de “Aquae Flaviae – Festa dos Pobos - Mercado Romano” . Unha iniciativa que superou todas as expectativas da organización, xa que se estima que máis de 30.000 persoas pasaron pola Alameda do Tabolado durante as tres xornadas.
|
Ler máis...
|
Corrección de erros do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias |
|
|
|
Xoves, 29 Agosto 2013 09:00 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da corrección de erros da orde do 5 de agosto de 2013, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013. |
Ler máis...
|
Subvencións para promover o autoemprego das persoas emigrantes retornadas |
|
|
|
Mércores, 28 Agosto 2013 08:59 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 20 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2013. |
Ler máis...
|
'Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching' en Verín |
|
|
|
Martes, 27 Agosto 2013 12:48 |
O vindeiro 3 de setembro, de 18 a 20 horas, na Casa da Xuventude de Verín terá lugar o 'Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching (un momento para a reflexión nestes tempos axitados)', unha acción formativa no ámbito da educación non formal que ten por obxecto proporcionar aos mozos e mozas ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 691 692 693 694 695 696 697 698 699 700 Seguinte > Final >>
|
Páxina 695 de 998 |