Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Amigos da Terra e o Fondo Galego apostan pola protección medioambiental en Nicaragua PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xuño 2013 09:27

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apoia en Nicaragua a xestión ambiental de dúas áreas protexidas a través dun proxecto subvencionado a Amigos da Terra con 20.000 euros, unha actuación que se fai pública coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra hoxe. A ONGD ecoloxista traballa coa fundación nicaraguana Líder no fortalecemento das capacidades locais para a conservación das reservas naturais do volcán Cosigüina e do delta do Estero Real, ambas as dúas no Golfo de Fonseca, un dos ecosistemas máis representativos de Centroamérica.

Ler máis...
 
Apertura do prazo do inscrición do Campamento do Invernadeiro 2013 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Xuño 2013 13:05

O vindeiro xoves 06 de xuño, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín comezará a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadeiro.

Ler máis...
 
Subvencións para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Xuño 2013 12:22

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación por parte do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo da resolución de 30 de maio de 2013, da Oficina Española de Patentes e Marcas, pola que se convoca, para o ano 2013, a concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior.

Ler máis...
 
Dezasete finalistas para os premios da Gala do Deporte en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2013 12:18

Este venres 07 de xuño, a partir das 20.45 horas, terá lugar a primeira edición da Gala do Deporte de Verín, realizada polo servizo de Deportes do Concello de Verín, na dezasete deportistas locais optan a catro dos sete premios que se entregarán na mesma, destinada a recoñecer a súa labor durante esta última tempada.

Ler máis...
 
‘Contos dos Paxaros’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2013 12:17

O vindeiro venres 07 de xuño, de 18 a 19.15 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Paxaros' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 711 712 713 714 715 716 717 718 719 720 Seguinte > Final >>

Páxina 718 de 998
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>