Novos requerimentos de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións a proxectos de enerxías renovables |
|
|
|
Martes, 28 Maio 2013 10:06 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 21 de maio de 2013 pola que se procede á publicación de requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 9 de abril de 2013, que estableceu as bases reguladoras e anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables (Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril). |
Ler máis...
|
'Cadros líquidos' de Joâo Rebelo na Casa do Escudo |
|
|
|
Luns, 27 Maio 2013 13:11 |
O pintor lusitano Joao Rebelo exporá os seus Cadros líquidos na Casa do Escudo de Verín. A mostra poderá visitarse desde hoxe luns até o día 15 de xuño, de luns a sábado das 17 ás 20.30 horas, e os días 1 e 2 de xuño tamén en horario de mañá, ao enmarcarse a exposición nas II Xornadas de Portas Abertas na Rutas do Viños de Galicia.
|
Ler máis...
|
Máis de 200 persoas participan na 6ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín 'Ruta da Fronteira' |
|
|
|
Luns, 27 Maio 2013 13:10 |
Máis de 200 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na 6ª Andaina da Eurocidade, realizada onte domingo, pola Ruta da Fronteira entre Feces de Cima e o santuario de Santa Marta (Vila Frade).
|
Ler máis...
|
I Xornadas de fotografía: Iniciación e retoque |
|
|
|
Venres, 24 Maio 2013 10:13 |
Desde Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín promóvese a realización das primeiras xornadas de fotografía, na especialidade de iniciación e retoque, durante o fin de semana do 8 e 9 de xuño.
|
Ler máis...
|
A Eurocidade leva maxia aos menores de Chaves e Verín na conmemoración do Día Mundial da Infancia |
|
|
|
Xoves, 23 Maio 2013 12:03 |
Os municipios de Chaves e Verín programan, para os días 30 e 31 de maio, a conmemoración do Día Mundial da Infancia, con iniciativas organizadas, como en anos anteriores, no ámbito do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, que este ano pretende levar a maxia aos/ás menores a través da realización dun Festival Infantil de Maxia; destinado a promover o intercambio educativo e social entre as poboacións, unha ocupación saudable do tempo de lecer e unha forma de celebrar esta xornada.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 721 722 723 724 725 726 727 728 729 730 Seguinte > Final >>
|
Páxina 722 de 998 |