O alcalde de Verín e o presidente da Cámara de Comercio asinan o convenio de renovación da Antena Local de Verín |
|
|
|
Venres, 12 Abril 2013 13:25 |
A sala de xuntas do Concello de Verín acolleu, na mañá de hoxe, a sinatura do convenio de renovación da Antena Local de Verín entre o alcalde Juan Manuel Jiménez e o presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Celso Barbosa Rodríguez, que permitirá as dúas entidades proseguir coa colaboración que manteñen dende hai oito anos para ofertar servizos de proximidade aos empresarios de Verín e a súa zona de influencia.
|
Ler máis...
|
Sesenta alumnos do CEIP Princesa de España visitan a Biblioteca de Verín |
|
|
|
Xoves, 11 Abril 2013 12:21 |
Nas dúas últimas xornadas, sesenta alumnos/as de 2º e 3º de Primaria do CEIP Princesa de España visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.
|
Ler máis...
|
Dez mozos/as participan no curso de recursos turísticos na Eurocidade |
|
|
|
Xoves, 11 Abril 2013 12:19 |
Un total de dez persoas formaron parte do 'Curso de recursos turísticos', finalizado hoxe e organizado pola Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade, pertencente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
|
Ler máis...
|
Bullying e violencia en imaxes no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín |
|
|
|
Mércores, 10 Abril 2013 11:21 |
Mañá xoves, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá, das 20 a 22 horas, o obradoiro 'Bullying, mediación e violencia en imaxes', enmarcado no curso 'Mediación e xestión de conflitos”, organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín -coa colaboración do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas-.
|
Ler máis...
|
“Galicia Lipdub” chega a Verín ao ritmo de O Sonoro Maxín |
|
|
|
Mércores, 10 Abril 2013 11:19 |
O sábado 13 de abril, as rúas de Verín acollerán os ensaios e posterior gravación dun vídeo musical para o programa “Galicia Lipdub” da Televisión de Galicia, realizado pola produtora Alén Filmes.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 741 742 743 744 745 746 747 748 749 750 Seguinte > Final >>
|
Páxina 744 de 1001 |