Relatorio 'Hábitos Saudables' en Verín |
|
|
|
Martes, 09 Abril 2013 11:27 |
O vindeiro venres 12 de abril, a partir das 18 horas, o centro sociocomunitario de Verín acollerá o relatorio 'Hábitos Saudables', impartido por Eliseo Señaris Rodríguez, xefe de medicina interna no Hospital de Verín, e enmarcado dentro programa 'Estamos a Tempo', que desenvolve o departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Verín aforra un 60% no subministro eléctrico grazas o investimento da Xunta en materia enerxética |
|
|
|
Luns, 08 Abril 2013 19:05 |
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe Verín para amosar a importancia de promover accións de aforro e eficiencia enerxética dos municipios galegos, que supoñen importantes aforros no custo da factura contribuíndo á mellora da súa situación financeira, e apuntar que o goberno autonómico leva investidos en Verín máis de 260.000 euros a través do programa de axudas para Iluminación Pública Exterior e do Fondo de Compensación Ambiental, o que lle permite acadar “aforros económicos e enerxéticos superiores ao 60% nas zonas beneficiadas”.
|
Ler máis...
|
Resultados da 3ª da Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo' |
|
|
|
Luns, 08 Abril 2013 10:03 |
O pasado 24 de marzo tivo lugar a terceira edición da Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo', organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. Devandita iniciativa estivo divida en tres probas: andaina, carreiras escolares (para menores nacidos entre 1998 e 2005) e unha carreira de montaña.Os resultados das probas foron os seguintes: |
Ler máis...
|
O PCT Puertas de Galicia catalogou 36 lagares rupestres en Monterrei, converténdose na comarca galega que posúe a maior densidade de exemplares |
|
|
|
Venres, 05 Abril 2013 11:50 |
O Plan de Competitividade Turísticas Puertas de Galicia finalizou os traballos de catalogación dos lagares rupestres da comarca de Monterrei sumando, ata o momento, un total de 36 entre os municipios de Cualedro (seis), Monterrei (nove), Verín (seis) e Oimbra (quince).
|
Ler máis...
|
Os perigos de Internet e as novas tecnoloxías no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín |
|
|
|
Venres, 05 Abril 2013 11:32 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá maña sábado 6 de abril, de 11 a 13 horas, a mesa redonda 'Os perigos dun mundo globalizado: Internet e as novas tics', enmarcada no curso 'Mediación e xestión de conflitos”, organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín -coa colaboración do CDR Portas Abertas-.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 741 742 743 744 745 746 747 748 749 750 Seguinte > Final >>
|
Páxina 745 de 1001 |