O Concello de Verín e a Agrupación de Alcohólicos Anónimos de Ourense informan sobre condutas adictivas ao alumnado dos institutos de Verín |
|
|
|
Luns, 10 Xuño 2019 12:54 |
Durante os meses de maio e xuño, os departamentos da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o de Psicoloxía (Servizos Sociais) do Concello de Verín organizaron unha serie de charlas informativas sobre condutas adictivas que foron impartidas nos distintos centros de ensino secundario da vila (IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baroncelli e o Colexio Apostólico Mercedario). |
Ler máis...
|
Gran acollida na presentación do libro “Ficcionario” de Fran Guede |
|
|
|
Sábado, 08 Xuño 2019 12:34 |
O pasado venres 7 de xuño, Fran Guede presentou na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín o libro "Ficcionario", (texto de Fran Guede e ilustracións de Alberto Carballo), editorial Autografía. A obra está dirixida tanto a nenos e nenas e os seus pais e nais. O autor define a obra do seguinte xeito: «Ficcionario, naceu un día no que as verbas que atopaba no dicionario (guerra, fame, xenofobia...) non me gustaban, e decidín facer un que tivera unhas palabras máis fermosas.» |
Ler máis...
|
“Xadrez Verín” vencedor Absoluto na Copa Galicia de Xadrez por equipos |
|
|
|
Sábado, 08 Xuño 2019 12:18 |
Despois da excelente temporada realizada polo CDR Portas Abertas - Xadrez Verín na Liga Galega, onde conseguiu o sétimo posto mantendo a categoría na División de Honra co Verín A e o ascenso a Segunda División co Verín C, o Xadrez Verín ven de conseguir o seu maior logro deportivo da historia proclamándose campión da Copa Galicia por equipos 2019, encontro disputado o pasado domingo 26 en Noia. |
Ler máis...
|
Máis dunha trintena de nenos e nenas participaron na festa de fin de curso do programa “Kero-Kolo”curso do programa “Kero-Kolo” |
|
|
|
Venres, 07 Xuño 2019 11:54 |
Máis de trinta nenos e nenas participaron onte, xunto cos seus proxenitores, na festa de fin de curso do programa 'Kero-Kolo'. Devandita xornada lúdica tivo lugar na cafetería “Pequenos”, establecemento que cedeu as súas instalacións para a celebración da mesma. Durante o evento, os cativos foron agasallados cunha orla con fotografías de todos os participantes. |
Ler máis...
|
O club Ciclista de Verín presente no "Grandfondo Stevio Santini" en Italia |
|
|
|
Xoves, 06 Xuño 2019 11:34 |
Dez integrantes do Clube Ciclista Verín participaron este domingo na oitava edición da Granfondo Stelvio Santini 2019, unha cita ciclista italiana con saída e chegada a Bormio, e que discorre polos portos de #Teglio, #Mortirolo e #Cancano. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 Seguinte > Final >>
|
Páxina 224 de 987 |