Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu esta fin de semana un curso para elaborar cervexas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Abril 2019 14:11

Cervezas O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu, dende o venres día 29 pola tarde ata a mañá do sábado día 30, un novo curso da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” impardido polo sumiller Luis López.
A través deste seminario coñecéronse as diversas formas de elaborar e clasificar as cervexas por todo o mundo, dende as cervexas de Monterrei ou as elaboradas con mosto de albariño, as alemanas de trigo, descubrindo a historia e evolución da mesma, ata as receitas existentes a día de hoxe, así como as materias primas necesarias para a súa elaboración. Tamén se analizaron os posibles defectos perceptibles nunha cervexa e como tratar de previlos, o correcto servizo tanto de presión como en botella e como realizar unha cata sensorial de cervexa.

Ler máis...
 
Verín é dende hoxe o centro literario da novela histórica española PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Marzo 2019 14:56

Novela historica O Premio Planeta Santiago Posteguilo presentará “Yo Julia” mañá sábado, ás 19:30 horas, no Auditorio de Verín.

Hoxe deron inicio as II Xornadas de Novela Histórica de Verín, cos talleres intensivos de escritura creativa impartidos por Alejandro Corral, que se desenvolveron dende as 11:00 horas na Biblioteca Municipal.  O premio Planeta Santiago Posteguillo pronunciará mañá sábado a conferencia central,  ás 19:30 no Auditorio. Nela explicará as claves da creación e do éxito da súa última novela, “Yo, Julia” coa que precisamente acadou o seu máis recente éxito editorial.

As II Xornadas de Novela Histórica están organizadas pola Biblioteca Municipal e a Concellería de Cultura do Concello de Verín, en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Hoxe intervirán tamen na Biblioteca José Calvo Poyato (19:00 horas) e José Luís Corral (19:45 horas), con amenizacións musicais do luthier Emilio Arias.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Festa dos Maios 2019 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Marzo 2019 15:14

Maios Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios tradicionais e artísticos, que só no caso do alumnado de Infantil poderán facerse de materiais de refugallo, que se rexerá polas seguintes

Ler máis...
 
O Concello de Verín presenta o programa oficial do Lázaro 2019 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Marzo 2019 13:36

O Concello de Verín presentou esta mañá o programa oficial de actividades para o Lázaro 2019, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril. Este ano, o ente municipal volve a ofrecer un amplo abano  de propostas enfocadas a todos os públicos. Como novidades destacan dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedario, xornadas temáticas sobre plantas medicinais e recuperación de oficios tradicionais, o I Intercambio transfronteirizo entre a Asociación Cultural Candaira e o Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- Portugal)”.

Ler máis...
 
Incendios +1 na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Marzo 2019 12:59
Incendios Até o día 25 de abril, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra Incendios+1, creada polo Centro Público Integrado Curros Enríquez de Pazos de Borbén para sensibilizar sobre este problema crónico para o ambiente e a sociedade galega. A exposicións poderá visitarse de luns a venres, das 16:30 ás 20:00 horas.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 Seguinte > Final >>

Páxina 229 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>