Mostra “Viaxe polo mundo das máscaras” de Mercedes Vázquez Saavedra, na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
Martes, 21 Maio 2019 20:05 |
Mañá 22 de maio, ás 20:00 horas, a Sala de Exposicións de Verín acolle a inauguración da mostra “Viaxe polo mundo da máscara” de Mercedes Vázquez Saavedra, investigación etnográfica con 115 imaxes de máscaras galegas e portuguesas. |
Ler máis...
|
O Club BTT Verín organiza as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila |
|
|
|
Martes, 21 Maio 2019 13:38 |
Esta mañá tivo lugar na casa consistorial a presentación oficial das que serán as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila, organizadas polo Club BTT Verín en colaboración do Concello de Verín, Dirección Xeral de Tráfico ( DXT), Garda Civil, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Cruz Vermella, Bombeiros e Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena. A iniciativa, na que participarán os centros educativos CPR María Inmaculada, CEIP Princesa de España e CEIP Amaro Refojo terá lugar os días 6, 7, 10 e 11 de xuño. |
Ler máis...
|
Nena de etnia xitana gaña o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez |
|
|
|
Luns, 20 Maio 2019 18:41 |
Co poema titulado Di non ao racismo, Yésica Suárez Montoya, alumna de 6º do CEIP Princesa de España foi, na modalidade de 5º e 6º de Primaria, a gañadora do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizado polo Concello de Verín. A gañadora é unha nena de etnia xitana que vive no Grupo Monterrei de Verín. A súa obra, presentada baixo plica, como todas as que concorreron á fase final, para que o xurado ignorase tanto a autoría como o centro que a preseleccionou, é un exemplo, cando menos en dous aspectos. Ademais do valor literario, que foi o determinante para ser premiada, demostra que nin un idioma alleo ao familiar nin os condicionantes socioeconómicos limitan a capacidade creativa e a de transmisión a través da escritura, cando o centro de ensino e o entorno familiar directo teñen actitudes compensatorias e motivadoras. |
Ler máis...
|
"Aladdín" no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 20 Maio 2019 10:35 |
Durante os días 24, 25 e 26 de maio, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Aladdín no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:
|
Ler máis...
|
O Museo de Verín conmemora o Día Mundial dos Museos lanzando un concurso para os escolares da comarca de Monterrei |
|
|
|
Venres, 17 Maio 2019 11:29 |
O Museo do Claustro Mercedario, no seu segundo ano de funcionamento, súmase á celebración do Día Mundial do Museo, 18 de maio, coa convocatoria dun concurso de redacción para todos os escolares da comarca de Monterrei -dende Segundo de Primaria ata Cuarto da ESO- sobre as intervencións perniciosas do home no seu hábitat, tomando como base as exposición "Aves de Galicia" e "Bolboreta Monarca" da Xunta que acolle o centro. Dende a súa creación, hai dous anos, o Museo de Verín ten recibido a 22.500 visitantes, 1.445 dende as festas do Lázaro de 2019, de procedencias tan dispares como Alemaña, Portugal, Asturias, Madrid, Granada ou Taiwan. |
Ler máis...
|
|
|