Unha ducia de rúas estarán afectadas o próximo xoves pola tarde pola primeira etapa da Volta Ciclista a Galicia |
|
|
|
Luns, 17 Setembro 2018 12:39 |
Unha ducia de rúas verinesas verán restrinxido o tráfico na tarde do próximo xoves, a causa da celebración da etapa inicial da Volta Ciclista a Galicia. A saída oficial será ás 18:00, e as probas desenvolveranse ata ben pasadas as sete da tarde, segundo as previsións da organización. |
Ler máis...
|
“Los increibles 2” e “Las distancias” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 17 Setembro 2018 11:06 |
Durante os días 21, 22 e 23 de setembro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Los increibles 2” e “Las distancias” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:
|
Ler máis...
|
EXPOARTE 2018 na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
Xoves, 13 Setembro 2018 13:58 |
Do 14 de setembro ao 13 de outubro, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra EXPOARTE 2018. A exposición, que se inaugurará este venres 14 de setembro ás 19:00 horas na Sala de Exposicións de Verín, é unha escolma feita polos propios alumnos de traballos que se realizaron nas Aulas de Especialización da Escola Municipal de Artes e Oficios no curso que rematou no pasado mes de xuño. O horario para visitas durante o mes de setembro é de luns a venres, ámbolos dous incluídos, das das 17:30 h. ás 20:30 h.; e os sábados de 10:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h. |
Ler máis...
|
“El mejor verano de mi vida” no cinema municipal de Verín. |
|
|
|
Mércores, 12 Setembro 2018 14:31 |
Durante os días 14, 15 e 16 de setembro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “El mejor verano de mi vida” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Aberta a matrícula para o primeiro curso monográfico de cata no Museo Claustro Mercedario sobre as variedades de Monterrei |
|
|
|
Luns, 10 Setembro 2018 13:43 |
A inscripción pódese formalizar online na páxina “Uned Ourense” para as clases dos días 5 e 6 de outubro.
A delegación da Uned en Ourense ven de abrir o prazo de inscripción para o primeiro dos cursos de cata do ciclo “De Monterrei ó mundo” que se celebrará en outubro no Museo Claustro Mercedario de Verín. Trátase de dúas xornadas monográficas sobre as variedades de uva e os mostos propios da D.O. Monterrei.
A primeira sesión docente celebrarase na tarde do venres 5 de outubro e na mañá do sábado 6, e estará impartida polos técnicos oficiais da DO Monterrei. Nela analizaranse as características organolépticas das variedades de uva autorizadas e preferentes da D.O., así como as características que confiren aos seus respectivos mostos. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 Seguinte > Final >>
|
Páxina 267 de 987 |