A Asociación Carrileiros entrega sendos fragmentos da vía orixinal do Tranvía de Verín ás entidades organizadoras dos actos conmemoriativos do 110 aniversario deste transporte |
|
|
|
Mércores, 25 Abril 2018 11:12 |
Onte, ás 19:30 horas, abriu as súas portas a mostra “110 Anos do Tranvía de Verín: Exposición conmemorativa” na Sala de Exposicións de Verín. Durante o acto, Paco Boluda e Manuel Hernández, membros da Asociación Carrileiros (entidade responsable da investigación que fixo posible a exposición), fixeron entrega de sendos fragmentos da vía orixinal do tranvía ás entidades organizadoras do evento ( Concello de Verín, Biblioteca Municipal, Sociedade Antropolóxica Galega e Augas de Cabreiroá), a modo de elemento conmemorativo da celebración do 110 aniversario do Tranvía Verín – Cabreiroá. |
Ler máis...
|
“Los vengadores: Infinity war” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Martes, 24 Abril 2018 17:31 |
Durante os días 27, 28 e 29 de abril, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Los vengadores: Infínity war” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
As novas exposicións do Museo do Claustro Mercedario recibiron 4.000 visitas nun mes |
|
|
|
Martes, 24 Abril 2018 13:41 |
O Museo do Claustro Mercedario, en Verín, recibiu máis de 4.000 visitas dende a súa reapertura o pasado día 17 de marzo, coincidindo coas festividades do Lázaro, con sendas exposicións sobre a orixe do licor café, os primeiros contactos do Val de Monterrei coas culturas mediterráneas e os descritores aromáticos dos viños da DO Monterrei. Na súa primeira etapa, en agosto do 2017, a exposición “Dionisos, 2000 anos de viño en Monterrei”, xa tiña sumado outras 8.500 visitas. |
Ler máis...
|
Sete colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín |
|
|
|
Luns, 23 Abril 2018 13:20 |
O martes 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios. Este ano, a Praza García Barbón acollerá tamen a terceira edición da Feira Solidaria de Verín que contará coa participación de 12 entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. Así o confirmaron esta mañá as concelleiras das áreas de Turismo e Cultura, Purificación Caldelas e Emilia Somoza, na casa consistorial de Verín. |
Ler máis...
|
“Laboratorio Máxico” da compañía Mundomandarina clausura a programación verinense do Festival “Terra Máxica” |
|
|
|
Xoves, 19 Abril 2018 12:44 |
O vindeiro sábado 21 de abril, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo “Laboratorio Máxico” da compañía arxentina Mundomandarina. Devandita actuación, enfocada para toda a familia, é o derradeiro do tres espectáculos programados polo Festival “Terra Máxica” para a vila de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 Seguinte > Final >>
|
Páxina 295 de 987 |