A maxia do cinema inunda Verín |
|
|
|
Sábado, 02 Decembro 2017 22:59 |
O Auditorio de Verín acolleu hoxe a gala inaugural da II edición do Festival de Curtas (FIC) Vía XIV, na que participaron o tenente alcalde da vila, Diego Lourenzo e o director do certame, Carlos Montero. Nun acto, presentado polo actor Tonho Salgado, que congregou a máis de 150 persoas, presentáronse en detalle as liñas temáticas do festival e púxose en valor a relevancia dun certame, que espera achegar un retorno económico de máis de 150.000 euros para Verín e comarca. |
Ler máis...
|
Profesionais e artistas verineses contribúen co seu traballo á posta en marcha do FIC Vía XIV, que dá comezo hoxe |
|
|
|
Sábado, 02 Decembro 2017 18:51 |
Como actos previos á gala inaugural de mañá, o FIC Vía XIV de Verín abre hoxe as súas portas coa primeira xornada do obradoiro “Achegar o cine ás persoas”, a cargo da cineasta vasca Maider Fernández, e co desenvolvemento do Foro Visións, un proxecto impulsado e coordinado por Xisela Franco e Beli Martínez para dar visibilidade ás cineastas da provincia de Pontevedra. Esta segunda edición do Festival de Curtas de Verín contou coa participación de diversos profesionais e artistas locais que co seu traballo creativo se involucraron no desenvolvemento do certame. |
Ler máis...
|
Un total de 57 curtametraxes procedentes de 21 países proxectaranse na II edición do FIC Vía XIV Verín |
|
|
|
Luns, 27 Novembro 2017 17:22 |
Un total de 57 curtametraxes procedentes de 21 países van ser proxectadas na II edición do FIC Vía XIV de Verín, que dará comezo este sábado e se prolongará ata o vindeiro 10 de decembro. O certame experimenta así un salto cualitativo en relación ao ano pasado, cando se exhibiron 39 curtas de cinco países diferentes. “Un dos cambios fundamentais deste ano radica na internacionalización do Festival”, puxo en valor ante os medios de comunicación esta mañá Carlos Montero, director do certame. |
Ler máis...
|
Curso “ Impulsores de Oportunidades: Innovación, Captación e Emprendemento na sede da Eurocidade |
|
|
|
Mércores, 22 Novembro 2017 12:49 |
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial - AECT, en colaboración coa Fundación Galiza Europa, promove o curso de “ Impulsionadores de Oportunidades: innovación, capacitación e emprendemento, que decorrerá de 28 de novembro a 2 de decembro, na sede da Eurocidade. |
Ler máis...
|
Nove de cada dez expositores volverían participar na feira de outono de Verín |
|
|
|
Martes, 21 Novembro 2017 17:06 |
O Concello de Verín , a través da concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, realizou un balance dos resultados da segunda edición da Feira de Outono de Verín que se celebrou durante os días 17, 18 e 19 de novembro, na Praza Maior. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que a totalidade dos enquisados (21 dos 22 postos expositores) dan un aprobado ás vendas e o 95% dos mesmos volvería a participar no evento. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 311 312 313 314 315 316 317 318 319 320 Seguinte > Final >>
|
Páxina 317 de 987 |