Aviso importante: Accións comerciais anómalas en Verín |
|
|
|
Mércores, 11 Outubro 2023 13:14 |
O Concello de Verín, a través da empresa Espina y Delfín, quere informar á cidadanía sobre a seguinte situación que se ven detectando na localidade: |
Ler máis...
|
Verín acolle a terceira edición da Festa da Cervexa |
|
|
|
Martes, 10 Outubro 2023 12:56 |
Os vindeiros días 13 e 14 de outubro, o Concello celebrará a terceira edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que mesturarán gastronomía galega e alemá, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil. Así o confirmaron esta mañá Manuel Lorenzo Feijoó, concelleiro de Feiras e Samanta Barreira Vivián, concelleira de Festexos. |
Ler máis...
|
Pleno Extraordinario Urxente | 10 de outubro |
|
|
|
Martes, 10 Outubro 2023 11:35 |
Tras aprobar con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión ordinaria, quedando ratificada por unanimidade. |
Ler máis...
|
Cheo absoluto na primeira proxección infantil do Ciclo Mestre Mateo en Verín |
|
|
|
Luns, 09 Outubro 2023 12:12 |
Hoxe, no Auditorio Municipal de Verín, deu comezo o Ciclo Mestre Mateo coa primeira das proxeccións destinadas ao público infantil. Nesta primeira sesión, un total de 351 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca tiveron a oportunidade de desfrutar da película "Valentina", dirixida por Chelo Loureiro. A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, foi a encargada de dar a benvida a cativada. |
Ler máis...
|
Teatro Rural pola Corresponsabilidade leva "A Misión Secreta de Gala" a Verín |
|
|
|
Xoves, 28 Setembro 2023 12:44 |
O Centro de Información á Muller, en colaboración cos 7 concellos da Mancomunidade de Verín, presenta unha nova actividade enmarcada no proxecto "Teatro rural pola corresponsabilidade". Esta iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade e fomentar a participación paterna na educación en valores dos nenos e nenas da rexión a través do teatro. A función de "A Misión Secreta de Gala" , que será de balde, terá lugar o sábado, 7 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>
|
Páxina 34 de 987 |