José Luís Tielas Santiago asume a dirección do Conservatorio profesional de Música de Verín |
|
|
|
Martes, 12 Setembro 2023 13:37 |
Onte tivo lugar no Auditorio de Verín a inauguración do ano lectivo no Conservatorio Profesional de Música de Verín. Este acontecemento non só marcou o inicio dun novo ciclo educativo, senón que tamén foi o momento elixido para presentar oficialmente ao novo director do centro, José Luís Tielas Santiago. A recepción estivo presidida polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e pola concelleira responsable da área de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo, Samanta Barreira. |
Ler máis...
|
«Mundo Árabe»: Nova sección na Biblioteca do Concello de Verín |
|
|
|
Martes, 05 Setembro 2023 21:12 |
A Biblioteca do Concello de Verín ven de crear a nova sección "Mundo Árabe", un fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán sobre a cultura, literatura e outros aspectos xerais que profundizan e recoñecen o valor do mundo árabe e o seu desenvolvemento en diferentes manifestacións culturais.
|
Ler máis...
|
Un total de 32 curtas participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín, certame que este ano triplica a súa axenda de actividades paralelas |
|
|
|
Venres, 01 Setembro 2023 12:52 |
Ata 32 curtas, de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes, participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín, cuxo programa de actividades arrincará oficialmente o vindeiro venres, 8 de setembro.Durante nove días, os habitantes da comarca e aqueles e aquelas que se acheguen ata a zona poderán desfrutar,ademais do visionado dos films que se presentan a concurso dentro das diferentes categorías do certame, dun amplo programa de 21 actividades paralelas (o triple que en anteriores edicións do foro). |
Ler máis...
|
O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín incluirá por vez primeira unha categoría infantil como nova sección oficial |
|
|
|
Xoves, 24 Agosto 2023 10:29 |
O FIC Vía XIV intensificará neste 2023 as actividades que adoita orientar ao público infantil, unha axenda que de sempre contou cunha ampla aceptación entre a cativada de Verín e comarca. Así, por vez primeira este ano, a organización do certame decidiu incluir na grella oficial unha categoría infantil con catro curtas programadas especialmente para seren visionadas polos máis pequenos. Trátase dos traballos O Monstro e a nena; Ovo; Papirola e Chimborazo. |
Ler máis...
|
Un concurso de pintura para artistas gráficos maiores de 16 anos, unha das actividades paralelas máis novidosas desta edición do Festival de Curtas de Verín |
|
|
|
Mércores, 16 Agosto 2023 17:18 |
A Asociación Cultural Vía XIV, responsable da organización do Festival de Curtas de Verín, pon en marcha por primeira vez este ano na axenda de actividades paralelas que se configura arredor do certame un novidoso concurso de pintura orientado a artistas gráficos. En colaboración con Artes Van Gogh e Boticas Hotel Art & SPA, a iniciativa levará como nome Pinturas de cine e convidará a artistas da comarca a plasmar sobre un lenzo a representación dunha escena da historia da cinematografía, que previamente deberán escoller de xeito individual e comunicar á organización do concurso. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>
|
Páxina 36 de 987 |