Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Pleno Extraordinario Urxente | 13 de abril PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Abril 2023 12:34

O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:

  1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria urxente de data 08/2/2023.
  3. Expediente 1309/2023. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
  4. Expediente 330/2023. Aprobación da conta xeral do exercicio 2021.
  5. Expediente fact-2023-836. Levantamento de reparo de legalidade 7/2023.
Ler máis...
 
Emilio Rúa presenta o seu novo libro disco “Lendas no Camiño” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Abril 2023 09:17

Mañá venres 14 de abril, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá a presentación do libro disco "Lendas no Camiño", o novo traballo de Emilio Rúa.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Violeta, el hada traviesa" e "65, al borde de la extinción" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Abril 2023 13:27

Durante os días 14, 15 e 16 de abril o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Violeta, el hada traviesa" e "65, al borde de la extinción" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
Abertas as bases de inscrición para os Maios 2023 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Abril 2023 10:12

Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza o día 1 de maio unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos, que se rexerá polas seguintes BASES:

Ler máis...
 
Concello de Verín e Denominación de Orixe colaborarán no Centro de Divulgación do viño de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Abril 2023 09:21

O futuro novo escaparate ao mundo dos viños de Monterrei contará con  500 m2, no que será o Centro de Difusión do Viño de Monterrei, na antiga adega de Recaredo Romero, nas traseiras do edificio modernista do mesmo nome.  O recén nomeado presidente da DO, Jonatás Gago, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, visitaron o espazo adquirido a semana pasada para comezar a traballar no proxecto.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 37 de 975
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>