Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xaneiro 2017 16:26

O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, na que participaron o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García; o xefe territorial de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza., Manuel Pardo; o alcalde en funcións, Diego Lourenzo e a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago Lara; xunto con membros das  Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Policía Local e  Protección Civil de Verín.

Ler máis...
 
Verín acolle desde hoxe a exposición fotográfica «Oficios entre lusco e fusco» PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xaneiro 2017 13:03

A Sala de Exposicións de Verín acolle desde esta mañá, ás 10.30 horas, a mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco», que o Concello organiza xunto a ABANCA e Afundación. Composta por imaxes do fotógrafo Xosé Abad, a mostra, que se poderá visitar ata o 11 de febreiro, ten como obxectivo reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa no ámbito da sociedade de consumo, ensinando como a calidade da produción, a experiencia como garantía ou a consideración cara aos profesionais, son valores que están en claro retroceso.

Ler máis...
 
O Concello de Verín pon en marcha a IV fase do Plan de Rehumanización grazas a un convenio co INEM PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Xaneiro 2017 10:53

Preto dunha vintena de traballadores comezan estes días a IV fase do Plan de Rehumanización de Verín, reiniciando a plantación de árbores, acondicionamento de zonas verdes, limpeza de beirarrúas e diversas tarefas medio ambientais. Entre elas, a máis destacada será a dotación de puntos urbanos de recollida de lixo, dos que xa comezaron co da rúa da Cruz, que ocultará os contenedores na zona vella adxacente á Praza Maior.

Ler máis...
 
Passengers no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Xaneiro 2017 11:53

Durante os días 20 e 21 e 22  de xaneiro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Passengers no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O próximo xoves, na Casa da Cultura de Verín, charla formativa sobre as cláusulas chan PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Xaneiro 2017 09:07

A entidade OVB organiza unhas xornadas de información económica, que terán lugar o próximo xoves entre as 18:30 e as 20:30 horas na Casa da Cultura de verín, na que se tratarán -entre outros- diversos aspectos sobre as cláusulas chan e o endebedamento hipotecario, así como ferramentas de planificación para xestionar estes productos financeiros.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 371 372 373 374 375 376 377 378 379 380 Seguinte > Final >>

Páxina 374 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>