Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do programa “Verán Deportivo 2016” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xuño 2016 13:23

Desde a concellería de Deportes de Verín infórmase que xa está aberto o prazo de inscrición do programa 'Verán Deportivo 2016', unha iniciativa lúdico-deportiva, que desenvolverá do 1 de xullo ao 31 de agosto, destinada a máximo de 180 menores con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos.

Ler máis...
 
O pontevedrés David Pintos presenta en Verín a obra “Epica”, terceira parte da triloxía titulada “Taimat” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xuño 2016 09:51

O vinceiro luns 6 de xuño, ás 19:30 horas, a Biblioteca pública Municipal de Verín acolle a presentación de ´Épica´: A terceira parte da triloxía escrita polo pontevedrés David Pintos titulada Taimat.

Ler máis...
 
O Concello de Verín presenta a súa axenda cultural de xuño PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Xuño 2016 11:53

Esta mañá presentouse na casa consistorial verinesa a programación que a área de Cultura do Concello de Verín preparou para o mes de xuño. A concelleira de Cultura , Emilia Somoza, e o Tenente de Alcalde, Diego Lourenzo,  foron os encargados de esbozar as liñas xerais do groso da devandita programación, na que destacan a obra de teatro O principio de Arquímedes, que terá lugar o 11 de xuño no Auditorio Municipal, e a Noite Máxica Celta, que se desenvolverá na Praza Maior, a noite de San Xoán, 23 de xuño.

Ler máis...
 
Teatro Atlántico representa en Verín “O principio de Arquímedes” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Xuño 2016 11:43

O principio de Arquímedes, obra da compañía de Teatro do Atlántico que arrasou na entrega dos premios de teatro María Casares 2016, representarase no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 21:00 horas. Así o indicaron esta mañá ante os medios a concelleira de Cultura, Emilia Somoza e o tenente de alcande do Concello de Verín, Diego Lourenzo.

Ler máis...
 
O Concello de Verín inaugura a súa primeira zona de aparcadoiro libre PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 Maio 2016 17:45

O grupo de goberno acaba de por en funcionamento a primeira “Zona de Aparcadoiro Libre” das oito previstas para descolapsar o estacionamento das rúas da nosa vila, concretamente entre as rúas Juan Guerra Valdés e a Canella Cega, que pasará a denominarse “Zona de Aparcadoiro Libre núm. 1”. Estas zonas alternativas e disuasorias están pensadas para alixeirar a presión do tránsito viario no centro de Verín, así como para facilitar o acceso dos cidadáns ós servizos públicos e ó comercio local.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 421 422 423 424 425 426 427 428 429 430 Seguinte > Final >>

Páxina 421 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>