Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín participa na 5ª Conferencia Europea Anual sobre a Seguridade Viaria e Traballo celebrada en Bruselas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Outubro 2015 18:32

Fernando Castro, axente do corpo da Policía Local, participou, en representación do Concello de Verín, na 5ª Conferencia Europea Anual sobre a Seguridade Viaria relacionada co traballo (The European Transport Safety Council -ETSC-) celebrada en Bruxelas durante os días 19 e 20 de outubro.

Ler máis...
 
"O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega" na Biblioteca Pública Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Outubro 2015 12:02

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín acollerá maña, as 19:30 horas, a conferencia "O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega". Miguel Losada, membro da Sociedade Galega de Antropoloxía (SAGA), fará un achegamento á cultura no respecto aos defuntos, a morte e as ánimas.

Ler máis...
 
Xornadas formativas Rede Emprende en Igualdade PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Outubro 2015 11:24

O Concello de Verín, no marco da REDE EMPRENDE EN IGUALDADE, foi seleccionado para levar a cabo, durante os días 9,10,11,12 e 13 de novembro, unhas xornadas formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino.


Ler máis...
 
Abstrarte Na Sala De Exposicións De Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Outubro 2015 08:41

Abstrarte é unha mostra de pinturas nas que a abstracción é predominante e coa que a artista Patricia Fernández Paz se presenta en Verín. A Sala de Exposicións de Verín acollerá até o día 31 as obras desta  artista lucense afincada en Ourense. A mostra estará aberta ao público de luns a venres das 17 h ás 21 h, e os sábados das 10 ás 14 h e das 17 ás 20:30 h.

Ler máis...
 
O operativo especial de limpeza traballa polas rúas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Outubro 2015 13:06

O Operativo Especial de Limpeza, formado por persoal e estrutura do propio Concello, xa está a traballar nas rúas de Verín

O dispositivo, dirixido polo Concelleiro de Servizos públicos, Julio Vieitez, comezou a traballar no Casco Vello e a partir de aí, irase estendendo ao resto da vila.


 
<< Inicio < Anterior 461 462 463 464 465 466 467 468 469 470 Seguinte > Final >>

Páxina 469 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>