Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Entregados os premios dos certames do Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Maio 2015 11:26

Na Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, celebrada na Casa da Cultura de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde do Concello de Verín, institución promotora dos premios; Benita Fernández Pérez, sobriña do literato difunto Antonio Fernández Pérez; Xosé Carlos Caneiro e os membros do xurado cualificador: María Teresa Santamaría Hervella, Montserrat Núñez Luis, María del Pilar López López e Serafín Vázquez Álvarez entregaron os premios do Certame de relato curto Antonio Fernández Pérez e do Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

Ler máis...
 
Gala Literaria e Musical na Casa da Cultura no Día das Letras Galegas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2015 13:10

Ás 17 horas do domingo, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, acto que organiza o Concello de Verín anualmente o 17 de maio coa colaboración de Supermercados Gadis. Na gala recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín interpretará  músicas de autores galegos.

Ler máis...
 
'Entre a Auga e a Pedra' na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2015 13:09

Desde mañá 16 de maio e até o 13 de xuño, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra 'Entre a Auga e a Pedra', unha exposición colectiva sobre o patrimonio ourensán, natural e construído, conformada por 21 imaxes panorámicas en branco e negro -tamén en color- realizadas por 11 fotógrafos de la Agrupación Fotográfica Fotosíntese.

Ler máis...
 
Encontro escolar entre o IES Castro de Baronceli e o Colexio Nadir Afonso no territorio da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2015 13:06

A AECT Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración co Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega de Chaves, organizou un encontro escolar dos centros educativos IES Castro de Baronceli e Colexio Nadir Afonso co obxectivo de promover o intercambio e a convivencia entre os/as alumnos/as dos dous centros educativos, a través da práctica conxunta de xogos populares.

Ler máis...
 
Trinta e sete equipos participarán no VI Torneo Internacional Fútbol 8 'Vila de Verín' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Maio 2015 13:34

Os días 30 e 31 de maio terá lugar, no complexo deportivo A Granxa, a realización do VI Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín', no que participarán trinta e sete equipos de Galicia e norte de Portugal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 501 502 503 504 505 506 507 508 509 510 Seguinte > Final >>

Páxina 502 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>