Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Modificación das bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Maio 2015 15:35

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 27 de abril de 2015 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección polo que se modifican as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Máis información no seguinte enlace.

 
Festa dos Maios na Alameda de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2015 10:54

Mañá venres 01 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a Festa dos Maios.

Desde as 11 da mañá e até o mediodía está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos que confeccionaron a Asociación Verinense de Amigos da Música, a Asociación Cultural Alto Támega, o CPR Plurilingüe María Inmaculada, o CEIP Princesa de España e o CEIP Amaro Refojo.

Ler máis...
 
Xornada 'Primeiros auxilios e iniciación ao salvamento acuático' na Piscina Climatizada de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2015 10:51

O 07 de maio terá lugar na Piscina Climatizada de Verín a xornada 'Primeiros auxilios e iniciación ao salvamento acuático' destinada aos/ás menores dos cursos de natación que se imparten nesta instalación deportiva.

Ler máis...
 
Subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2015 09:49

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 21 de abril de 2015, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2015. Ver no seguinte enlace.

 
Seminario 'Desenvolvemento de APIs para aplicacións en PHP' na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Abril 2015 12:59

O xoves 07 de maio, na aula CeMIT do Concello de Verín impartirase o seminario gratuíto 'Desenvolvemento de APIs para aplicacións en PHP', programado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 501 502 503 504 505 506 507 508 509 510 Seguinte > Final >>

Páxina 507 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>