Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas e ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa do programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Outubro 2014 10:22

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das resolucións de requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao programa Emega, así como a ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa ao mesmo programa.

Ler máis...
 
Inscrición para o Obradoiro do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Outubro 2014 10:25

O Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 05 de novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa), onde se lles facilitará unha relación dos materiais que precisan para desenvolver con normalidade as actividades e un formulario de tramitación bancaria.

Ler máis...
 
O programa 'Kero-Kolo' do Concello de Verín, galardoado no VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal de UNICEF PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Outubro 2014 11:58

O programa 'Kero-Kolo', desenvolvido dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal do Concello de Verín, acaba de ser galardoado no VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal (na categoría de 'Dereito a un entorno familiar adecuado') de UNICEF.

Ler máis...
 
Conmemoración do 'Día da Biblioteca' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Outubro 2014 11:55

O vindeiro venres 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Día da Biblioteca', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
O alcalde de Verín e o delegado de Unión Fenosa Distribución supervisan os traballos de desmontaxe da antiga subestación eléctrica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Outubro 2014 12:19

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o delegado de Unión Fenosa Distribución en Ourense-Lugo, Rubén Menéndez, supervisaron esta mañá o inicio dos traballos de desmantelamento da antiga subestación eléctrica Verín I, que inclúe a retirada do transformador e de todos os elementos eléctricos internos e externos, o que supoñerá a recuperación do espazo urbano na súa situación.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 561 562 563 564 565 566 567 568 569 570 Seguinte > Final >>

Páxina 561 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>