Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

'Contos do Bosque' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Setembro 2014 12:48

O vindeiro venres 03 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos do Bosque', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
O Concello de Verín contará con acceso gratuíto a servizos dixitais da administración electrónica que ofrece o Estado PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Setembro 2014 12:22

Os concellos de Verín, Monforte, Mos, Ponteareas e Tui terán acceso a servizos dixitais da Administración electrónica que ofrece o Estado. Estes municipios son os primeiros en adherirse ao convenio asinado no seu día pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que permite á Administración autonómica actuar como nodo de interoperabilidade, facilitando a conexión das entidades locais a servizos proporcionados polo Estado.

Ler máis...
 
O Concello de Verín remodela a cuberta e o salón de actos da Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Setembro 2014 12:32

O Concello de Verín finalizou as actuacións de conservación e mantemento da cuberta e do interior do salón de actos da Casa da Cultura do municipio, co obxecto de subsanar principalmente as deficiencias de filtracións de auga no inmoble.

Ler máis...
 
“Recuerdos olvidados”, “Carta al alzheimer” e “Olvidando y recordando”, vencedores do concurso 'Dona un Recordo' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Setembro 2014 12:59

As historias “Recuerdos olvidados” e “Carta al alzheimer” e o poema “Olvidando y recordando” foron elixidas como as tres experiencias vencedoras do concurso 'Dona un Recordo', organizado pola Concellería de Benestar Social - Servizos Sociais Comunitarios - Área de Maiores do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro) e concienciar sobre esta enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.

Ler máis...
 
Novas de bolsas, cursos e emprego no Facebook do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Setembro 2014 09:43

Toda a información sobre as últimas bolsas e axudas, cursos, premios e concursos, ademais de ofertas de emprego no noso Facebook.

 
<< Inicio < Anterior 561 562 563 564 565 566 567 568 569 570 Seguinte > Final >>

Páxina 567 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>