Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Programa da Semana Santa na Eurocidade Chaves-Verín AECT PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Abril 2014 08:26

Toda a información sobre a programación da Semana Santa na Eurocidade Chaves-Verín AECT no noso Facebook.

 
A Eurocidade Chaves Verín convértese en Agrupación Europea de Cooperación Territorial PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Abril 2014 17:54

O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá a presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), a segunda da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que contou tamén coa presencia do vicepresidente da Xunta e presidente do Grupo de Traballo da Eurocidade, Alfonso Rueda Valenzuela, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N), Prof. Dr. Emidio Gomes,o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o presidente da Câmara Municipal de Chaves e presidente da ECV-AECT, António Cabeleira, o alcalde de Verín e director da ECV-AECT, Juan Manuel Jiménez, e altos cargos das administracións dos dous países así como tamén da universidade e da empresa de Galicia e o Norte de Portugal.

Ler máis...
 
Presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Abril 2014 10:00

O vindeiro luns 14 de abril, a sede da Eurocidade (edificio da antiga aduana española de Feces de Abaixo) acollerá a presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), converténdose deste modo na segunda da Eurorrexión despois da de Galicia -Norte de Portugal AECT, e destinada a xestionar conxuntamente instalacións, servizos e competencias dos dous municipios como turismo-termalismo, cultura, deporte e desenvolvemento sostible.

Ler máis...
 
'Concurso de tapas' e 'Pasaporte Gastronómico' no territorio de Puertas de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Abril 2014 13:00

Co obxecto de promocionar o territorio Verín e Conso-Frieiras como unha alternativa de lecer e turismo gastronómico, o Plan de Competitividade Puertas de Galicia promove dous eventos gastronómicos que terán lugar entre o 11 de abril e o 04 de maio: 'Concurso de tapas' e 'Pasaporte gastronómico'. Todo co fin de  gozar das comarcas de Verín e Conso-Frieiras e coñecer de cerca a oferta gastronómica en 42 restaurantes, adegas e comercios que elaboran produtos da terra.

Ler máis...
 
Programa de axudas para a particiapción no programa Conecta con Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Abril 2014 09:17

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 3 de abril de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2014 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 611 612 613 614 615 616 617 618 619 620 Seguinte > Final >>

Páxina 611 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>