Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A investigadora Helena Maleno achega a realidade migratoria no terceiro encontro dixital #Alén2015 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Marzo 2014 11:21

Helena Maleno, experta en migracións e especialista en investigación acción participativa e xénero e desenvolvemento, é a invitada do terceiro encontro dixital #Alén2015 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na entrevista, que se desenvolverá este venres 28 de marzo, entre as 12 e as 14 horas, a redactora de Periodismo Humano e membro da rede de apoio Caminando Fronteras analizará os fenómenos migratorios e todo o que atinxe a esta temática, co obxectivo de xerar un debate en torno unha realidade fundamental nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Ler máis...
 
O corredor local Joaquín Dobarrio vence o IV Mini-Trail 'Pozo do Demo' PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 13:21

Máis de 800 persoas participaron activamente na cuarta edición da proba popular deportiva de "Pozo do Demo" organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Verín e pola Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas.

Ler máis...
 
Concentración de Maios Enrique Gómez Pato – Festa dos Maios 2014 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 12:16

Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. O carón  ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios artísticos, tradicionais e humanos, que se rexerá polas seguintes

Ler máis...
 
Beatriz Sotelo, do grupo Nove, e Diego López, Cociñeiro do Ano de Galicia, formarán parte do xurado do VII concurso gastronómico 'Cigarrón de Verín' PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 12:14

O Concello de Verín xa pechou o xurado que valorará aos/ás participantes na sétima edición do concurso gastronómico 'Cigarrón de Verín, que terá lugar o sábado 05 de abril, a partir das 10.30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Ler máis...
 
Subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Marzo 2014 09:04

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín  infórmase da publicación da resolución do 14 de marzo de 2014, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 611 612 613 614 615 616 617 618 619 620 Seguinte > Final >>

Páxina 617 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>