Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Tramitación de solicitude de novacións significativas nos préstamos concedidos polo Igape nos programas ao abeiro do Decreto 133/2002 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Setembro 2013 14:09

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 7 de agosto de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases polas que se regulan os límites, condicións e procedementos para a tramitación de solicitudes de novacións significativas nos préstamos concedidos por este instituto nos diversos programas instrumentados ao abeiro do Decreto 133/2002.

Ler máis...
 
Semana cultural e deportiva destinada a conmemorar o Día Mundial do Alzheimer en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Agosto 2013 12:51

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Alzheimer, o vindeiro 21 de setembro, a área de Persoas Maiores de Servizos Sociais do Concello de Verín promove unha semana cultural e deportiva destinada a visibilizar esta enfermidade.

Ler máis...
 
Verín en Galicia Lipdub PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Agosto 2013 08:57

Emisión do vídeo musical gravado en Verín: 31 de agosto, ás 17.50 horas, na TVG.

Nesta iniciativa, na que tamén colaborou o Concello de Verín, os participantes interpretaron a canción popular “Quérote máis” de O Sonoro Maxín.

 
Máis de 30.000 persoas visitan a Eurocidade na primeira edición de “Aquae Flaviae – Festa dos Pobos - Mercado Romano” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 29 Agosto 2013 10:46

Foron tres días de retorno ao pasado, nunha festa popular chea de cor e animación, que invitou ao/á visitante a unha viaxe polo tempo ata a época romana. No pasado fin de semana, a Eurocidade realizou a primeira edición de “Aquae Flaviae – Festa dos Pobos - Mercado Romano” . Unha iniciativa que superou todas as expectativas da organización, xa que se estima que máis de 30.000 persoas pasaron pola Alameda do Tabolado durante as tres xornadas.

Ler máis...
 
Corrección de erros do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 29 Agosto 2013 09:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da corrección de erros da orde do 5 de agosto de 2013, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>

Páxina 677 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>