|
Axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito |
|
|
|
|
Martes, 01 Outubro 2013 09:15 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 18 de setembro de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013. |
|
Ler máis...
|
|
Duascentas trinta persoas participan na 7ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín/XVIII Paseo Raiano de Vilarelho da Raia: Ruta dos Muíños |
|
|
|
|
Luns, 30 Setembro 2013 12:21 |
|
Un total de 230 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na sétima edición da súa andaina popular, organizada conxuntamente co XVIII Paseo Raiano do Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia.
|
|
Ler máis...
|
|
Presentación da Escola Municipal de Tenis 2013-2014 |
|
|
|
|
Luns, 30 Setembro 2013 09:17 |
|
Hoxe luns, 30 de setembro, ten lugar no IES Taboada Chivite a presentación da Escola Municipal de Tenis para esta tempada. Todos os pre-inscritos/as e aqueles/as nenos/as aínda non se inscribiron, pero están interesados/as, poden acudir ás 18.30 horas para as probas de nivel, clasificación de grupos, establecemento de horarios e a explicación da participación da Escola Municipal de Tenis no Circuíto Escolar durante este curso. |
|
Clase musical gratuíta para menores de sete anos |
|
|
|
|
Venres, 27 Setembro 2013 12:02 |
|
Os/As nenos/as de 7 anos de idade están convidados o vindeiro luns día 30 a unha clase gratuíta de música que lles ofrece o Conservatorio Elemental de Música de Verín. A actividade desenvolverase na Casa da Música (rúa José María Pereda, 3) das 6 ás 7 horas da tarde. O profesor será Alejandro Vázquez “Alex”, 27 anos de idade, titulado superior de música.
|
|
Ler máis...
|
|
Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia |
|
|
|
|
Venres, 27 Setembro 2013 08:44 |
|
Desde a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 691 692 693 694 695 696 697 698 699 700 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 692 de 1004 |